Manuel Díez Sanjurjo
Manuel Díez Sanjurjo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de novembro de 1870 |
Burgos | |
Falecemento | 3 de decembro de 1941 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro de camiños e arqueólogo |
Cónxuxe | Salvadora Muntadas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e participou na construción da N-120. Era amigo do grupo de intelectuais que rodeaban a Marcelo Macías no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi autor de varios traballos de arqueoloxía. Estudou o campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. Foi vocal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e colaborou no seu boletín.
Ingresou na RAG o 20 de xuño de 1908, en acto celebrado na cidade de Ourense, a proposta de Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Uxío Carré Aldao, pronunciando o discurso "Epílogo de la historia del fuero de Allariz",[1] respondido por Tettamancy.[2]
Tamén en 1908 realizou o proxecto de restauración da ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, entre A Rúa de Valdeorras e Petín.
Obra[editar | editar a fonte]
- Los caminos antiguos y el Itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense, 1904-1908.[3]
- "Epifanía latina en la provincia de Orense", 1906.
- De Clunia a Intercacia según el Itinerario de Antonino, 1917.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Epílogo de la historia del fuero de Allariz"
- ↑ Membros de número. RAG
- ↑ Publicado por entregas dende o n.º 37 ao 63 do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Díez Sanjurjo, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 22. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "Díez Sanjurjo, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 315. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 365.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|