Juan Barcia Caballero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Barcia Caballero
Juan Barcia Caballero 1910.jpg
Nacemento1852
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento10 de outubro de 1926
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, poeta e médico
FillosJuan Barcia Eleizegui
Na rede
Galiciana: 347825
editar datos en Wikidata ]

Juan Barcia Caballero, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 1926, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Ramón de Barcia Nalda (1825-1902). Estudou medicina en Santiago e Madrid e foi catedrático nas universidades de Granada e Santiago e director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo en Santiago. Fundou El Porvenir, foi redactor de El Libredón, e colaborou en O Novo Galiciano, El Ciclón, El Eco de Santiago, El Cínife, As Burgas e El Diario de Orense. De ideoloxía rexionalista participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega e colaborou en Acción Gallega.

Apéndice de En las orillas del Sar de Rosalía Castro de Murguía, na edición de 1909, por J. Barcia Caballero.

Dirixiu a revista médica La Crónica. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883) e Anatomía Práctica (1898, en colaboración con Vicente Goyanes Cedrón) e escribiu varios traballos en De re phrenopatica no eido da Psiquiatría (1915). Foi o tradutor ao galego do texto latino do Terceiro Concilio de Toledo para a edición políglota de 1891.

En 1912 deu o discurso de apertura do curso universitario 1912-1913 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La Locura y la Libertad".

Obra[editar | editar a fonte]

  • La cuestión palpitante. Cartas amistosas a la Sra. Dª Emilia Pardo Bazán, 1881.
  • Mesa revuelta. Ensayos literarios, 1883 (bilingüe galego-castelán).
  • Rimas, 1891 (poesía, en galego, Biblioteca Gallega).
  • Dos almas, 1907 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui).
  • El señor Nin, 1922 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]