Ledicia Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ledicia Costas
Ledicia Costas (AELG)-2.jpg
Datos persoais
Nacemento 19 de setembro de 1979 (37 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Narrativa, poesía

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Unha estrela no vento, 2000, Xerais, narrativa.
  • O corazón de Xúpiter, 2012, Xerais, narrativa.
  • Xardín de inverno, 2012, Everest Galicia, poesía.
  • Recinto Gris, 2014, Xerais, narrativa.
  • Escarlatina, A cociñeira defunta, 2014, Xerais, narrativa.
  • Inmundicia e Roñoso, 2015, Tambre, narrativa.
  • Esmeraldina, a pequena defunta, 2016, Xerais, narrativa.
  • "As peripecias de Estravaganzza Pérez",2016, Xerais, narrativa.
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, 2016, Xerais, narrativa.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Un animal chamado néboa, 2015, Xerais.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obras con Pere Tobaruela[editar | editar a fonte]

Asinan as súas publicacións como Pereledi.

  • Desaparición, 2011, Everest Galicia. Publicada tamén en catalán no 2011, na editorial Cadí.
  • Mortos de Ningures, 2011, Everest Galicia.
  • Letras de xeo, 2012, Everest Galicia.
  • Ouro Negro, 2013, Everest Galicia.

Premios[editar | editar a fonte]

Ledicia Costas en 2014.
  • Gañadora do Premio de Poesía do Concello de Marín no 2005.
  • Mención de Honra no Premio GZ Crea de poesía no 2006, por Aparición de triste.
  • 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo no 2007.
  • 1º Premio de relato da Universidade de Vigo no 2010.
  • Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 2011, por Frío azul.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
  • Accésit no Premio Miguel González Garcés do 2012, por Satén.
  • Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
  • Premio Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO no 2013, por Mortos de ningures, xunto a Pere Tobaruela.
  • XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil de 2014 por Escarlatina. A cociñeira defunta.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2014, por Escarlatina. A cociñeira defunta.
  • Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014, por Escarlatina, A cociñeira defunta.
  • Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, por Escarlatina, a cociñeira defunta.
  • Premio Lazarillo de Creación Literaria en 2015, por Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
  • Premio Fervenzas Literarias á autora do ano 2015.
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación literaria en 2016, por Un animal chamado néboa.
  • Premio dos Clubs de Lectura de Galicia de 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]