Lois Pereiro
Lois Pereiro | |
---|---|
![]() Lois Pereiro aos 20 anos | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1958 e 17 de febreiro de 1958 |
Monforte de Lemos | |
Falecemento | 24 de maio de 1996 |
A Coruña | |
Causa | death from AIDS-related complications |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta, tradutor e escritor |
Xéneros | poesía |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996[1], foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas[2][3].
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro[4].
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste período entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paradiso.
En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas, Kung Fu e a primeira tempada d'Os novos) como porno.[5][6]
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática[7]. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.[8]
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego[9][10].
Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
O concello de Monforte, a súa cidade natal, declarou que o 2015 fose o Ano Lois Pereiro para homenaxear o escritor con diferentes actos e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.[12]
Exemplo da súa lírica[editar | editar a fonte]
Velaquí un parágrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina do Viso (O Incio):
- "Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". (Lois Pereiro)
Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]
- Poemas 1981/1991 (1992, Positivas).
- Poesía última de amor e enfermidade (1995, Positivas). Foi traducida ao español,[13] ao éuscaro[14] e ao italiano.[15]
- Poemas para unha Loia (1997, Espiral Maior).
- Antoloxía (2011, Galaxia).
- Obra poética completa (2011, Xerais).
- Obra completa (edición bilingüe galego-castelán. Trad. de Daniel Salgado) (2011, Libros del Silencio). Prólogo de Pere Gimferrer.[16]
- Collected Poems (obra poética completa en inglés. Trad de Jonathan Dunne) (2011, Small Station Press)
- Sabrani stihotvoreniya (obra poética completa en búlgaro.Trad. de Tsvetanka Elenkova) (2013, Small Station Press)
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Modesta proposición e outros ensaios (2011, Xerais).
Diarios[editar | editar a fonte]
- Conversa ultramarina (2010, Positivas)
Narrativa[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- De amor e desamor. I e II (1984, 1985, Edicións do Castro).
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dez anos da morte de Lois Pereiro", reportaxe en Vieiros en maio de 2006.
- ↑ "O Día das Letras do 2011 irá dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro" Arquivado 17 de maio de 2011 en Wayback Machine., nova en El Progreso o 26 de xuño de 2010.
- ↑ "O Día das Letras 2011 estará adicado ao poeta Lois Pereiro", nova en Vieiros, 26 de xuño de 2010.
- ↑ Facsímile da revista Loia.
- ↑ Mato, M. (20/3/2011). "Una vida de conspiración" (en castelán). La Opinión Coruña. Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ Jaureguizar (3/2/2011). "Unha discográfica de Sarria publica a vida de Lois Pereiro en fotos e sons". Galiciaé. Arquivado dende o orixinal o 15/05/2011. Consultado o 20 de abril de 2011.
- ↑ Camilo Blanco (16/5/2011). "Sin enfermedad, la obra de Lois Pereiro sería muy diferente" (en castelán). La Voz de Galicia. Consultado o 24 de maio de 2011.
- ↑ Ficha do autor Arquivado 19 de maio de 2011 en Wayback Machine. en Mundolois.gl
- ↑ "Todo o que desprezamos na literatura galega poñémolo fronte a Lois Pereiro para que el o ataque"
- ↑ Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración Arquivado 24 de abril de 2011 en Wayback Machine., reportaxe de Aarón López en El Progreso.
- ↑ "El Día das Letras, para Lois Pereiro, poeta punk", artigo de Manuel Rivas en El País, 27 de xuño de 2010 (en castelán)
- ↑ "A Casa da Cultura acollerá este sábado os actos do Ano Lois Pereiro". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015.
- ↑ "Poesía última de amor y enfermedad". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Akaberako poesia amodioaz eta gaitzaz". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Poesia ultima di amore e malattia. 1992-1995. Testo in lingua gallega a fronte". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Obra completa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois Pereiro ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Lois Pereiro |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Lois Pereiro. Breve encontro, libro de banda deseñada sobre o poeta.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Calvo, J.L., Gegúndez, C.: O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro. Toxosoutos, 2011. ISBN 978-84-92792-80-1.
- Calveiro, M.: Lois Pereiro: náufrago do paraíso. Biografía e Antoloxía. Edicións Xerais de Galicia, 2011.
- Fernández Serrano, J.: Lois Pereiro. Breve encontro. Xerais, 2011. (En castelán, Breve encuentro Ed. Sins entido, 2012)
- Lopo, A.: A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro. Editorial Galaxia, 2011.
- Martínez, I.: Lois Pereiro. Vida e obra. Xerais, 2011.
- Mato, M: Lois Pereiro. Transgresión e fraxilidade. Laiovento, 2011
- Patiño, A: Dicionario de sombras. Espiral Maior Edicións 2011
- Patiño, A.: Lois Pereiro. Radiografía do abismo. Espiral Maior Edicións, 2010. ISBN 978-84-92646-43-2.
- Queixas, M.: Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo. Laiovento, 2011.
- Regueira, M.: Lois Pereiro. Unha persecución. 2.0 editora, 2011.
- Souto, X., Braxe, L., Pereiro, X.M.: Lois Pereiro. Fotobiografía sonora. Ouvirmos, 2010.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial de Lois Pereiro
- Biografía na Real Academia Galega
- Boletín monográfico da Real Academia Galega
- Páxina de recursos da CGENDL
- Lois Pereiro na Biblioteca Virtual Galega.
- "La poesía bisturí de Lois Pereiro", artigo de Daniel Salgado en El País.
- Poema musicado de Contra a morte o amor que vai comigo
- Lois Pereiro, homenaxe a unha vida e a unha obra páxina web na Xunta de Galicia
|