Afonso XII de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Afonso XII de España
Alfons XII (cropped).JPG
Nacemento 28 de novembro de 1857
  Madrid
Falecemento 25 de novembro de 1885
  El Pardo
Causa tuberculose e Disentería
Soterrado Cripta Real do Mosteiro do Escorial
Nacionalidade España
Relixión Igrexa católica
Educado en Collège Stanislas de Paris e Royal Military College, Sandhurst
Ocupación monarca
Pai Francisco de Asís de Borbón
Nai Isabel II de España
Cónxuxe María de las Mercedes de Orleans e María Cristina de Habsburgo-Lorena
Fillos María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena, María Teresa de Borbón, Afonso XIII de España e Fernand Sanz
Irmáns Fernando de Borbón y Borbón, Maria de Pilar, Infanta de Espanha, Isabel de Borbón y Borbón, Eulália, Infanta de Espanha e Maria da Paz, Infanta de Espanha
Premios Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André, Grand Cross of the Legion of Honour, Orde da Xarreteira, Ordem do Serafim, Ordem da Anunciação, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, knight grand cross of the order of the crown of italy, Grand Cross of the Order of Saint-Charles, Royal Order of Kamehameha I e Ordem de Santo Alexandre Nevsky
editar datos en Wikidata ]

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeo I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".

Un ano máis tarde, en 1876, aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.

Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranjuez.

Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois casa con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con quen tivo tres fillos.

Fillos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comellas García-Llera, José Luis (2014). Historia de España contemporánea (10ª ed.). RIALP. p. 256. ISBN 978-84-321-4346-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
 Escudo Isabel II.png
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII