Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leandro Carré Alvarellos , nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976 , foi un escritor galego .[ 1] .
Foi o cuarto fillo (de once irmáns) de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Traballou na librería do seu pai e despois na litográfica La Artística. Acudiu á escola de Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez e de Eduardo Corral , mais non fixo estudos superiores porque debía axudar na economía familiar e aforrar gastos, xa que a libraría de seu pai comezara o declive.[ 2] En 1911 foi destinado á sucursal da fábrica no Porto . Logo de tres anos regresou á Coruña onde foi oficinista, contador e encargado de varios negocios . Foi redactor na Coruña de Vida Gallega , colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra , da que foi director na ditadura de Primo de Rivera . No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega herdeira do Conservatorio Nacional de Arte Galega e fundou a editorial Lar en 1924 , foi membro do Seminario de Estudos Galegos .
Durante a guerra civil española , o seu fillo Leandro Carré Brandariz faleceu en estrañas circunstancias en Asturias en maio de 1937 . Carré Alvarellos foi buscalo con resultados infrutuosos, e detivérono ao volver á Coruña, polo que pasou cinco meses no cárcere .
Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. Foi membro de número da Real Academia Galega [ 3] , onde ingresou o 3 de marzo de 1945 coa lectura do discurso El idioma gallego en la Edad Media , respondido por Xosé Filgueira Valverde .[ 4] . Empregou o pseudónimo de Ramón Alvariño .
Casou con Carmen Brandariz Eiroa, e foi pai de Leandro, Ana María e Adela Carré Brandariz.
Amor malfadado , 1918.
Contos e diálogos , 1918.
Naiciña , 1925 , Lar.
A propia vida , 1925, Lar.
O home que deu vida a un morto , 1926 .
O xornal de Mavi , 1927 .
Nos picoutos de Antoín , 1955 (escrita en 1929 ).
Contos de pantasmas , 1972 .
Obra inédita e esquecida , con obras escritas en 1915 e 1972 (Alvarellos Editora , 2006)
Compoñentes da Escola Dramática Galega na Coruña en 1923.
Noite de ruada , 1918.
Rexurdimento , 1918.
Pra vivir ben de casados... , 1918.
Enredos , 1919 .
O engano, 1919.
O corazón dun pedáneo , 1921 .
Un caso compricado, 1922.
A venganza , 1922 .
O pecado alleo , 1924 .
Almas en pena , 1957 .
Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros:
Florentino López Cuevillas ,
Victoriano Taibo ,
Risco ,
López Abente ,
Cabeza de León ,
Antón Villar Ponte ,
Xosé Filgueira Valverde ,
Castelao ,
Otero Pedrayo ,
Lugrís , Leandro Carré e
Jaime Vidal Rey .
Gramática gallega , 1967 , Editorial Moret.
Las leyendas tradicionales gallegas , 1977 , Espasa-Calpe, Madrid .
O home que deu vida a un morto . 1926.