Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de xullo de 1935 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Oviedo |
Ocupación | poeta |
Pai | Salvador García-Bodaño Fernández |
Cónxuxe | Xulia Rodríguez Blanco |
Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.[1]
Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda.[2] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá,[3] respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[2]
Mantén unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Ao pé de cada hora (1967, Galaxia).[5]
- Tempo de Compostela (1978, Edicións do Cerne).[6] Foi traducida ao italiano.[7]
- 37 debuxos para un país (1985, Ediciós do Castro).[8]
- Compostela (1989, Barcelona).[9]
- Obra poética (1993, Espiral Maior).[10]
- Pegadas no alcatrán (1994, Café Central, Barcelona).
- Cidade virtual (2003, Biblos Clube de Lectores).
- Cantos de ausencia. (Elexías 1959-2002) (2004, A Nosa Terra).
Narrativa[editar | editar a fonte]
- O caleidoscopio (1992, Contos do Castromil, Ir Indo).
- Os misterios de Monsieur D´Aillier (1992, Galaxia).
- O Sinatra (2007, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).
Ensaio[editar | editar a fonte]
- De onte a hoxe. Ensaios xornalísticos dende Compostela (1993, Editorial Compostela).
- Rafael Dieste: vida e obra en lingua galega (1995, Real Academia Galega).
Tradución[editar | editar a fonte]
- Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea, Madrid).
- Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
- Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
- Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988, Onda, Barcelona).
- Viaxe por Galicia 1837, de George Borrow (1993, Edicións Xerais de Galicia).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
- Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
- Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
- Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
- Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
- Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
- Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
- Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
- Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
- Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
- Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
- Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
- Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
- Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
- Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
- 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
- O entrelazo das palabras (1999).
- Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
- Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
- Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
- O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
- Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[11]
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador do Premio de Poesía Galega e Poesía Castelá nas Festas Minervais en 1959.
- Premio da Crítica de poesía galega no 1978, por Tempo de Compostela.
- Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 1992, por Os misterios de Monsieur D´Aillier.
- Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2012[12]
- Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela no 2012.
- Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013.
- Medalla de ouro e título de Fillo adoptivo de Santiago de Compostela en 2014.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Méndez Ferrín 1984.
- ↑ 2,0 2,1 "Salvador García-Bodaño Zunzunegui". Real Academia Galega.
- ↑ García-Bodaño, S. (2005). Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá. Real Academia Galega.
- ↑ "No pasar dos días, de Salvador García-Bodaño". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-26.
- ↑ Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Tempo di Compostela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ Con debuxos de Felipe Criado.
- ↑ 2ª edición en Biblioteca 114, 1991, El Correo Gallego.
- ↑ Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días).
- ↑ 150 Cantares para Rosalía de Castro
- ↑ "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG.
- ↑ "A Corporación outorga a medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo a…". El Correo Gallego. 26/12/2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador García-Bodaño ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 60. ISBN 84-7680-429-6.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 151.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 976. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 250. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 167. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 297–299. ISBN 84-7507-139-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Salvador García-Bodaño: Páxina web oficial
- Salvador García-Bodaño na Biblioteca Virtual Galega.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Predecesor: Luz Pozo Garza |
Vicesecretario da Real Academia Galega 2001-2009 |
Sucesor: Francisco Fernández Rei
|
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Membros de número da Real Academia Galega
- Premios da Cultura Galega
- Nados en Vigo
- Nados en 1935
- Poetas en lingua galega
- Tradutores ao galego
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Oviedo
- Tradutores do castelán
- Tradutores do inglés