Fernando Caldeiro Caínzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Caldeiro Caínzos
Fernando Caldeiro.jpg
Fernando Frank Caldeiro.
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Datos persoais
Nacemento12 de xuño de 1958
LugarFlag of Argentina.svg Buenos Aires
Falecemento3 de outubro de 2009 (51 anos)
LugarFlag of the United States.svg League City (Texas)
Actividade
CampoEspecialista de misión
EstudosEnxeñaría mecánica
Axencia espacialNASA
MisiónsPrograma WB-57 Programa WB-57
Retiro3 de outubro de 2009
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Fernando Caldeiro Caínzos, máis coñecido como Frank Caldeiro, nado en Buenos Aires o 12 de xuño de 1958 e finado en League City (Texas) o 3 de outubro de 2009[1], foi un astronauta arxentino-estadounidense de orixe galega, graduado en enxeñaría mecánica na Universidade de Arizona e na Universidade de Florida Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caldeiro foi nomeado astronauta da NASA o 1 de maio de 1996 como membro do Grupo Astronauta 16, alcumado como "The Sardines".

Caldeiro foi asignado aos voos de observación a grande altitude na nave da NASA WB-57. En 2002 uniuse á Comisión presidencial de Excelencia educativa para os Hispanoamericanos.

Finou en outubro de 2009, aos 51 anos, logo de dous anos e medio sufrindo un cancro cerebral.

No ano 2000 recibira a Medalla Castelao, pois era descendente de galegos. O seu pai era de Samos[2], emigrado primeiro a Buenos Aires e despois a Nova York, onde traballou como xefe dos electricistas do metro. A súa nai era leonesa filla de galegos. O seu avó materno era da Devesela (Curtis)[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obituario Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en http://galvestondailynews.com (en inglés).
  2. "Galego na Lúa" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de Marcelino Fernández Mallo no blog A trenza, 21 de novembro de 2009.
  3. Ficha[Ligazón morta] en Fillos de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]