Premio Celanova Casa dos Poetas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez conceden, anualmente, desde 1985, o Premio Celanova Casa dos Poetas, co fin de recoñecer a unha persoa ou entidade que ó longo da súa vida se teña significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Sen dotación económica, o premiado recibe unha placa ou diploma conmemorativo e unha medalla de prata deseñada polo escultor Acisclo Manzano, que ten por unha cara a casa de Manuel Curros Enríquez e pola outra cinco letras "C" concéntricas, que simbolizan á Casa dos Poetas, a Curros, a Celanova, a Castor Elices e a Celso Emilio Ferreiro. O premio entrégase nun acto que se celebra o primeiro domingo de setembro inmediato ó 31 de agosto, que é a data do pasamento de Celso Emilio.

Premiados[editar | editar a fonte]

# ano nome actividade
1 1985 Xosé Luís Méndez Ferrín
Uxío Novoneyra
Alfredo Cid Rumbao
Ricardo Carballo Calero
escritor
escritor
historiador
escritor
2 1986 Ánxel Fole escritor
3 1987 Xaquín Lorenzo, Xocas etnógrafo
4 1988 Carlos Velo cineasta
5 1989 Xosé Neira Vilas escritor
6 1990 Manuel María poeta
7 1991 Laxeiro pintor
8 1992 Mesa para a defensa do galego en Asturias colectivo cultural
9 1993 Xesús Alonso Montero profesor
10 1994 Milladoiro grupo musical
11 1995 Carlos Casares escritor
12 1996 Manuel Colmeiro Guimarás pintor
13 1997 Isaac Díaz Pardo polígrafo
14 1998 Francisco Fernández del Riego xornalista e escritor
15 1999 José Ángel Valente poeta
16 2000 Xaime Quessada pintor
17 2001 Luz Pozo Garza poeta
18 2002 Xohana Torres escritora
19 2003 Antón Tovar poeta
20 2004 Acisclo Manzano escultor
21 2005 Amancio Prada cantante
22 2006 Virxilio Fernández pintor
23 2007 Manuel Lourenzo escritor
24 2008 Alfonso S. Palomares xornalista
25 2009 Real Academia Galega entidade cultural
26 2010 Manuel Gallego Jorreto arquitecto
27 2011 Carlos Núñez músico
28 2012 Luís Tosar actor
29 2013 «R» empresa
30 2014 Manuel Rivas escritor
31 2015 Centro Unión Orensana de la Habana entidade cultural
32 2016 Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) etnógrafo
33 2017 Corporación Hijos de Rivera empresa
34 2018 Parlamento de Galicia institución
35 2019 Isabel Blanco actriz
36 2020 Xosé Cid Menor escultor
37 2021 Residencia San Carlos[1] residencia de maiores de Celanova
38 2022 Luz Casal[2] cantante
39 2023 Manuel García Buciños[3] escultor
40 2024 Bieito Ledo[4] escritor e editor

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "Premio Casa dos Poetas a la residencia San Carlos: “Lo hicimos lo mejor que pudimos”". 06/09/2021. Consultado o 06/07/2022. 
  2. "Luz Casal, 38 premio Celanova Casa dos Poetas". 27/03/2022. Consultado o 06/07/2022. 
  3. "Manuel Buciños, distinguido co XXXIX Premio "Celanova, Casa dos Poetas"". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2023-03-18. Consultado o 2023-03-18. 
  4. "Bieito Ledo, gañador do XL Premio Celanova, Casa dous Poetas". 06/04/2024. Consultado o 07/04/2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]