Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Bar Boo , nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994 , foi un arquitecto galego .[ 1]
Era fillo do futbolista Pepe Bar e irmán do actor Luis Bar Boo .
Policlínico Cíes, 1967 (o prisma da esquerda é un engadido posterior).
Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960 . En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. En 1957 deseñou para a súa familia o edificio Plastibar, considerado unha icona da arquitectura moderna de Galicia. Bar Boo residiu no edificio ata o seu pasamento.[ 2] Na súa obra destaca o uso da pedra, especialmente as pezas de granito que habitualmente só se empregaban para realizar peches en leiras.[ 2]
En 1973 foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ,[ 2] do que foi decano entre os anos 1977 e 1979 ,[ 3] vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña .
Edificio
Plaza de Compostela (1963).
Foi activista pola protección do medio ambiente, e en 1974 foi un dos fundadores de ADEGA .[ 2]
A súa parella, Macamen Blanco, fundou a asociación Alecrín e a primeira casa de Vigo para mulleres vítimas de violencia de xénero.[ 2]
Obtivo o Premio da Crítica Galicia no ano 1981 e o Concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.
Mercado de Gondomar (1964).
Complexo de Edificios de Vivendas en Campolongo, Pontevedra (1965-1969).
Igrexa de Nosa Señora das Neves (1968).
Mercado do Porriño (1970).
Edificio Vicente Suárez (1972).
↑ Necrolóxica , por Xosé María Palmeiro. El País , 24 de febreiro de 1994 (consultado o 23 de marzo de 2010).
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Valverde, Iago (08-10-2022). "Xosé Bar Boo. Centenario deun arquitecto comprometido". Sermos Galiza (522): 4-9.
↑ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia .
↑ Vídeo sobre o edificio en YouTube .
↑ "Edificios singulares" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 17 de maio de 2013.
↑ "Los arquitectos piden protección para los edificios de corte moderno" . Diario de Pontevedra (en castelán ) . 17 de febreiro de 2017.
↑ Artigo sobre o Policlínico Cíes , 20 minutos , 3 de xullo de 2006 (consultado o 23 de marzo de 2010).
↑ Galicia 25 anos , Consello da Cultura Galega.
↑ Catálogo de Bens Culturais [Ligazón morta ] .
Onomástica do rueiro de
Vigo