Basilio Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Basilio Losada
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Basilio Losada AELG Distrito Xermar.jpg
Nacemento20 de xuño de 1930
Lugar de nacementoA Pobra de San Xiao
Falecemento9 de xullo de 2022
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático, tradutor e crítico literario
PremiosCreu de Sant Jordi, Medalla Castelao, Premio Nacional de Tradución de España, Medalla de Ouro de Galicia, Comendador da Ordem do Infante Dom Henrique e Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul
Na rede
Bitraga: 150 AELG: 34 Dialnet: 142317
editar datos en Wikidata ]

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930 e finado en Barcelona o 9 de xullo de 2022,[1][2] foi un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación.[editar | editar a fonte]

Saíu de Galiza cando tiña 5 anos e pasou a vivir en Madrid, León e, a partir de 1939, Barcelona,[3] onde chegou coa súa familia para visitar a seu pai que estaba, alí, hospitalizado. Malia que seu pai era anarquista, tivo que loitar durante a Guerra civil no bando nacional, foi ferido na cabeza e morreu en 1940.[4] Dende ese momento, o resto da familia, e el, permaneceron en Barcelona e alí, Losada, desenvolveu a práctica totalidade da súa carreira profesional.

En Barcelona estudou Dereito e Filosofía e Letras e fixo o doutoramento en Historia.[3]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Fixo traducións ao castelán e ao galego, e foi autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas,[5] de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro, Rubem Fonseca ou Pere Gimferrer. Foi o introdutor da literatura brasileria e especialmente de Jorge Amado en España.[4]

Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que foi un grande experto.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1991 recibiu o Premio Nacional de Tradución por Memorial do convento, de Saramago.[4] Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña;[6] a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués;[6] a Ordem do Cruzeiro do Sul, do Brasil; e a Medalla Castelao (1989) e a Medalla de Galicia (2016) da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.[7]

En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega[8]. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País.[9] No 2018, recibiu o Premio Eduardo Lourenço do Centro de Estudios Ibéricos.[10][4]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
Narrativa
Edicións
  • Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.[11]
  • Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.[12]
  • Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
Traducións (escolma)
  • Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego.
  • Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara.[6]
  • O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara.
  • Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara.[6]
  • O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara.
  • Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara.[6]
  • Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.[6]
Obras colectivas
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Edicións do Castro.
  • Galicia: nai e señora, 2002, Nigra.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
Homenaxes
  • Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa
  • La peregrina, 1999, Grijalbo.
Ensaio
  • Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
Obras colectivas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (10 de xullo de 2022). "Falece Basilio Losada, gran divulgador da cultura galega en Cataluña e académico de honra na RAG". galiciaconfidencial.com. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Morre aos 92 anos Basilio Losada, académico de honra da RAG". La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Xestoso, M. (10 de xullo de 2022). "Falece Basilio Losada, embaixador das letras galegas en Catalunya". nosdiario.gal. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Queiroz, Christina (abril de 2019 [actualizado 28 de xuño de 2019]). "Basilio Losada: Mediador literário". revistapesquisa.fapesp.br (en portugués). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. Sabio, José Antonio (2022). "Losada, Basilio (Láncara, 1930–Barcelona, 2022)". Diccionario Histórico de la Traducción de España (en castelán). ISSN 2696-564X. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Premiados Premio Nacional a la Mejor Traducción. Basilio Losada". culturaydeporte.gob.es (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  7. "El profesor Basilio Losada premiado con el «Otero Pedrayo» 2012". galiciaartabradigital.com (en castelán). 27 de novembro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  8. "Basilio Losada, académico de honra" Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine., RAG, 13 de marzo de 2015.
  9. "Basilio Losada: premio Ramón Piñeiro e novo membro de honra da RAG", Sermos Galiza, 2 de outubro de 2015.
  10. Europa Press (7 de maio de 2005). "El filólogo gallego Basilio Losada Castro obtiene el Premio Eduardo Lourenço del Centro de Estudios Ibéricos". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  11. Imaxe da portada Arquivado 05/03/2016, en Wayback Machine. de Manuel María. Antología poética. Escolma poética.
  12. Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externa[editar | editar a fonte]