Blanca Jiménez Alonso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de febreiro de 1926 Ribadeo, España |
| Morte | 5 de outubro de 2012 A Coruña, España |
| Lugar de sepultura | Castropol |
| Familia | |
| Cónxuxe | Fermín Penzol (1948–1981), morte |
| Premios | |
| |
María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Blanca era filla de Blanca Alonso Rey, enfermeira, e de Valentín Jiménez Moro, natural da provincia de Zamora que chegara a Ribadeo para exercer como inspector municipal veterinario.[1] Blanca cursou estudos secundarios en Ribadeo e con 19 anos aprobou con brillantes cualificacións o exame de estado na Universidade de Oviedo, estudando posteriormente Maxisterio en Lugo[1].
Estivo casada con Fermín Penzol, e foi presidenta de honor da fundación Penzol de 2001 a 2008 e conselleira da editorial Galaxia.[2]
Recibiu diferentes galardóns polo seu labor de presidenta da Fundación Penzol, entre eles, o de Galegas Destacadas
e a medalla Castelao. Tamén formou parte do plenario do Consello da Cultura Galega ata o ano 2008.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Cabrera Iglesias, María Dolores; Arias Chachero, Patricia (26/3/2024). "Blanca Jiménez Alonso". Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega).
- ↑ "Fallece Blanca Jiménez Alonso, viuda de Penzol y presidenta de honor de su Fundación". Faro de Vigo (en castelán). 6/10/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Jiménez Alonso, María Blanca". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 207.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
