Victoriano Taibo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Victoriano Taibo García 22 de abril de 1885 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 13 de marzo de 1966 Vigo, España |
| Relixión | católica |
| Formación profesional | Maxisterio |
| Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre nacional |
| Empregador | Irmandades da Fala Real Academia Galega |
| Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1948–1966) Real Academia Galega (membro correspondente) (1918–1948) Irmandades da Fala |
| Xénero artístico | Poesía, narrativa, ensaio |
| Influencias | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Carmen Rebollar Martínez [1] |
| Fillos | Francisco Vicente (Fuco) 1930 e Gloria 1931 |
| Premios | |
| |
Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego. De ideas galeguistas e de esquerdas, foi membro fundador das Irmandades da Fala[2] e integrante da Real Academia Galega.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Taibo Filgueira e Josefa García Lameiro, Victoriano foi o máis novo de cinco irmáns. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, onde foi redactor de Miña Terra. Alí contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Nese tempo tivo sobre el unha grande influencia Luís Porteiro Garea. Asinou o manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo de 1918.
Como mestre de escola foi destinado a, entre outros, A Ponte de Mera (Ortigueira), Oza (A Coruña), Sigrás (Cambre), Cerdido, As Fiestras (Xinzo de Limia), Morgadáns (Gondomar, onde estaría máis de dezaseis anos) e Lavadores (Vigo).

Colaborou en numerosas publicacións, entre elas, O Gaiteiro de Lugo, A Nosa Terra, Céltiga, O Tio Marcos d'a Portela, Nós, Ilustración Gallega, Rexurdimento, Vida Gallega, Labor Gallega, A Fouce, Airiños, Alborada, La Noche, Lar, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Ronsel, ABC e Sonata Gallega.[4]
Mantivo relación epistolar con Manuel Antonio.[5] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930.[6]
Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Son coñecidas algunhas das súas actuacións en mitins na compañía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade e Antón Alonso Ríos.[7] Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi trasladado forzosamente en 1938 a Villalar de los Comuneros, Valladolid, por causa das súas ideas políticas.[7] En 1942 retornou a Morgadáns.
A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946. O 15 de outubro de 1948 leu o discurso panexírico Rosalía de Castro, precursora da fala, respondido por Otero Pedrayo.[8] En 1950 instalouse en Vigo, onde viviu ata o seu pasamento en 1966. Xubilouse como mestre en 1954.
A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas, de quen foi discípulo literario: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.[9][10][11][12][13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]
O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu
nin é merecente dela.
Casou o 12 de setembro de 1929, na Ponte de Mera (Ortigueira), con Carmen Rebollar Martínez, irmá de Alfredo Rebollar Martínez, director de bandas de música e que foi alcalde de Ortigueira pola Fronte Popular na II República, ata a Guerra Civil. Tiveron dous fillos, Francisco Vicente Fuco (1930) e Gloria (1931).
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo.
En 2018 o Concello de Gondomar nomeouno Fillo Adoptivo.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago).[14]
- Da vella roseira, cántigas orixinás (Santiago de Compostela, 1925), adicado a Cabanillas.
- Abicedo. Cabrinfollas (2008), Follas Novas. Edición de Armando Requeixo.
- Lembranza da Tecedeira, 2013, ed. facsimilar comentada (1947). IEM.[15]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Da agra aberta: contos e lêndas (Vigo, 1956).[16] Reeditado en 2008 polo IEM.
- Contos pequenos, 2016 (1955), Instituto de Estudos Miñoranos.[17][18]
Ensaio
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- A estrana, comedia inédita, en colaboración con Xaime Quintanilla.[5][7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Victoriano, relativamente novo.
-
Dedicatoria manuscrita a Ramón Peña, director de Céltiga, nun exemplar de Abrente. Couzadoiro, 1925.
-
Instituto Histórico do Minho, 1930.
-
Victoriano e Carmen co seu neno Fuco, na Ponte de Mera.
-
Nomeamento como membro da RAG. 1946.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mouriño, M.: Álbum das Irmandades da Fala
- ↑ 2,0 2,1 "Victoriano Taibo es de Gondomar". Faro de Vigo (en castelán). 9/2/2019.
- ↑ "Victoriano Taibo García". Real Academia Galega.
- ↑ Mouriño, M.: "As outras publicacións"
- ↑ 5,0 5,1 Vilavedra (1995) Diccionario da Literatura Galega I.
- ↑ Elección como socio correspondente do IHM.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Alonso, José Luís: "Datos para unha biografía" Revista de Estudos Miñoráns, 2008.
- ↑ Taibo García, V. (1972). Rosalía de Castro, precursora da fala. Real Academia Galega.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 119. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 262.
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1995.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 471. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Imaxe da portada, de Cebreiro, da 1ª ed. de Abrente.
- ↑ Imaxe da portada de Lembranza da Tecedeira
- ↑ Da agra aberta. Prólogo da primeira edición.
- ↑ "Contos pequenos verá la luz tras más de sesenta años inédita" Faro de Vigo, 23/10/2016.
- ↑ O IEM presenta hoxe os "Contos pequenos"… Faro de Vigo, 31/10/2016.
- ↑ Taibo, Victoriano (1972). Rosalía de Castro, precursora da fala: discurso lido o día 15 de outubro do 1948. RAG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. pp. 24, 147, 148, 571, 596, 600–601, 607, 691, 693, 798, 802. ISBN 84-7154-227-7.
- Carballo Calero (1976). "Victoriano Taibo García"Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. Boletín da RAG n.º 358, pp. 121–128.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 147–148, 184.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 187. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 07/10/2016.
- Requeixo Cuba, Armando: "Victoriano Taibo (1885-1966). Poeta das Irmandades"
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 570-571. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victoriano Taibo |
- Dacosta Alonso, Marta: "Que nos coñezan polas obras" Revista de Estudos Miñoráns, 2008.
- Mouriño Fernández, Miguel Anxo: Álbum das Irmandades da Fala Consello da Cultura Galega.
- Suárez Sandomingo, José Manuel: Victoriano Taibo García, ortegano de adopción 26/3/2012 (en castelán)