Premio Otero Pedrayo
| Premio Otero Pedrayo | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Epónimo
| |||
| Datas | |||
| |||
| Características | |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| |||
| Wikidata |
O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico con dotación económica (á altura de 2018, 16000 euros[1]) que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O premio escólleo un xurado onde na actualidade están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria, é unha das catro deputacións o que o convoca), o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.
Premiados
[editar | editar a fonte]- 1977: Carlos Casares
- 1978: deserto
- 1979: Sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento
- 1980: Eligio Rivas Quintas
- 1981: Fundación Otero Pedrayo
- 1982: Xaquín Lorenzo e José Fariña Jamardo
- 1983: Grupo Marcelo Macías
- 1984: Antonio Fidalgo Santamariña e a Escola Aberta de Marín
- 1985: Xosé López Calo
- 1986: Xosé Filgueira Valverde
- 1987: deserto
- 1988: Xesús Alonso Montero, Emilio Duro Peña e Darío Xohán Cabana
- 1989: Instituto da Lingua Galega
- 1990: Isaac Díaz Pardo
- 1991: Xosé Trapero Pardo
- 1992: Antón Fraguas
- 1993: Museo de Pontevedra
- 1994: Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón
- 1995: Francisco Fernández del Riego
- 1996: Xulio Francisco Ogando
- 1997: Comunidade do Mosteiro de Oseira
- 1998: Museo do Pobo Galego
- 1999: Manuel María e Uxío Novoneyra
- 2000: Miguel Anxo Araúxo Iglesias
- 2001: Fundación Pedro Barrié de la Maza
- 2002: Centro Galego de Bos Aires
- 2003: Centro Galego de Montevideo
- 2004: Hermandad Gallega de Venezuela
- 2005: Sociedade Espanhola de Beneficência (Río de Xaneiro)
- 2006: Real Academia Galega e Laboratorio de Formas
- 2007: Francisco Xavier Río Barxa
- 2008: Marcos Valcárcel
- 2009: Manuel Fraga
- 2010: Casahamlet
- 2011: Basilio Losada
- 2012: Xosé Luís Méndez Ferrín
- 2013: Xosé Neira Vilas
- 2014: Non se resolveu
- 2015: Arcadio López-Casanova
- 2016: Acisclo Manzano e Manuel García de Buciños[2] (Galardón ex aequo)
- 2017: Margarita Ledo Andión[3]
- 2018: Antía Cal e María Xosé Queizán[4]
- 2019: Paco Martín e Ramón Villares[5]
- 2020: fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo en homenaxe á Xeración Nós[6]
- 2021: Rosario Álvarez Blanco e Menchu Lamas[7]
- 2022: Ángel Carracedo[8]
- 2023: Darío Villanueva[9]
- 2024: Coral de Ruada[10]
- 2025: Coral Polifónica de Pontevedra[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Deputación de Ourense (ed.). "Os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños, galardoados co Premio "Otero Pedrayo"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Galicia Confidencial (ed.). "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "O escritor Paco Martín e o historiador Ramón Villares comparten o Premio Otero Pedrayo 2019". Deputación de Lugo. 13 de decembro de 2019.
- ↑ "Novas - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2020-10-23.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ Liste, Ana G. (1 de outubro de 2022). ""Cando empecei, a carreira universitaria estaba moi ligada á investigación e había máis posibilidades, agora está moi limitado"". Praza.gal. Consultado o 3 de outubro de 2022.
- ↑ "O catedrático Darío Villanueva, Premio Otero Pedrayo 2023". Nós Diario. 23 de outubro de 2023.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada". Xunta de Galicia. 2024-10-14. Consultado o 2024-10-15.
- ↑ Belén López (13 de novembro de 2025). "A Coral Polifónica de Pontevedra gaña o Otero Pedrayo". Diario de Pontevedra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Premios Otero Pedrayo Páxina web.