Juan Oliveira Viéitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os cabalos, Praza de España, Vigo.
O rapto de Europa, en Samil, Vigo.

Juan José Oliveira Viéitez nado o 22 de outubro de 1928 en Pazos de Reis, Tui, e finado o 16 de abril de 2002 en Canido, Vigo, foi un escultor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe acomodado, a súa familia posuía unha fábrica de galletas. Estudou enxeñaría industrial na Complutense de Madrid. Foi empresario e presidente da Cámara de Comercio de Tui (1959-1969)[2] e vicecónsul de Portugal en Tui. Criaba cabalos e participaba en concursos hípicos. A súa faceta artística como escultor comezou cando xa tiña máis de corenta anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

É autor, entre outras obras, do Can do zoolóxico da Casa de Campo, en Madrid[3] ou o Pegaso do aeroporto de Barajas en Madrid;[4] O rapto de Europa de Samil (Navia),[5] o conxunto escultórico Os cabalos da fonte da Praza de España, de vinte metros de altura, e as dúas estatuas de figuras a cabalo do Teatro García Barbón[6] en Vigo; o monumento ao cabalo salvaxe de Tui e o Afonso IX de Baiona.[7] Modelou tamén temas deportivos, taurinos e de xogos infantís. Toda a súa obra transmite gran dinamismo.

Premios[editar | editar a fonte]

Foi premiado coa Medalla Castelao en 2001[8] e cunha Medalla de Ouro na 1ª Bienal de Pontevedra.[9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]