Antón Avilés de Taramancos
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() | A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Antón Avilés de Taramancos | |
---|---|
![]() Estatua en Noia | |
Nacemento | 6 de abril de 1935 |
Boa | |
Falecemento | 23 de marzo de 1992 |
A Coruña | |
Causa | cancro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e político |
Fillos | Luis Avilés Baquero |
Xéneros | Poesía |
Coñecido/a por | Nova Crónica das Indias |
![]() | |
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 2003. | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992, foi un escritor galego. En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. É pai do cineasta Luis Avilés Baquero.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai era Severiano Avilés, mariñeiro e a súa nai Manuela Vinagre, labrega, que tiveron outros tres fillos antes de nacer Antón. Fixo o bacharelato en Noia, e aos 15 anos de idade publica o seu primeiro poema, en lingua galega, na revista local Tapal editada por Manuel Fabeiro. Chegou á Coruña para facer estudos de náutica, alí foi decisiva a súa amizade con Urbano Lugrís Vadillo, Xohán Casal e Reimundo Patiño que influíron na súa concepción de Galicia e na súa ideoloxía. Neste tempo colaborou en revistas literarias como Aturuxo de Ferrol ou Quatro Ventos de Braga. Na revista Atlántida da Coruña publicou os seis poemas que constitúen As moradías do vento, e en 1959 publicou o seu primeiro libro, A frauta i o garamelo e o poemario que enviou ao concurso literario organizado polo Grupo Brais Pinto, Pequeno canto para un peito xoven, que quedou inédito ata 1982. Participou na estrea da obra teatral de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca.
En 1961 emigrou a Colombia, alí permaneceu ata 1980, primeiro na Selva Amazónica e máis adiante na embaixada brasileira en Bogotá. Alí coñeceu á que se converteu na súa muller en 1970 e a Manuel José Arce y Valladares, embaixador de Guatemala, de orixe galega. Unha vez finalizado o contrato coa embaixada iniciou unha serie de traballos sen moito éxito ata que conseguiu un traballo como distribuidor de libros en Cali.
O 15 de agosto de 1980 regresou a Noia, rexentou unha taberna, a Tasca Típica, na que organizou recitais poéticos e dende a que organizou a Sociedade Cultural Catavento. Presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1986), entidade pola que foi nomeado socio de honra en 1995, e foi elixido concelleiro en Noia polo Bloque Nacionalista Galego, polo que ocupou o posto de concelleiro de cultura (1987–1991). Morreu dun cancro.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- As moradías do vento (1955, separata de Atlántida).
- A frauta i o garamelo (1959, Moret. Reeditada no 2000 en Libros da Frouma).
- O tempo no espello (1982, Ediciós do Castro).
- Cantos caucanos (1985, Sotelo Blanco. Edición bilingüe galego-castelán en Espiral Maior).
- As torres no ar (1989, Sotelo Blanco).
- Última fuxida a Harar (1992, Espiral Maior, póstuma).
- Obra poética completa (2003, Espiral Maior).
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Nova Crónica das Indias (1989, Ir Indo. Reeditada en 2003 por Xerais).
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Obra viva (1992, Edicións Laiovento). Traducida ao castelán.[1]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Tres capitáns de tempos idos (2003, Xerais).
Obras colectivas e antoloxías[editar | editar a fonte]
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Obra poética. Antoloxía (1997, AS-PG e A Nosa Terra), por Xosé María Álvarez Cáccamo.
- Antoloxía (2003, Galaxia), por Ana Romaní.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976–2000 (2003, Tris Tram), por Arturo Casas.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Poemas pola memoria (1936–2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
Traducións[editar | editar a fonte]
- O cemiterio mariño, de Paul Valéry (1994, Espiral Maior).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "[A] Obra viva". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 11/7/2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Avilés de Taramancos". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Cáccamo, Xosé María (2003). Vida de Antón Avilés de Taramancos. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-591-9.
- Capelán, Antón (1993). "A fusión mítica na obra de Avilés de Taramancos". Luzes de Galiza (21): 40–49.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 39. ISBN 84-7492-465-0.
- Marco, Aurora (2003). Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-84-X.
- —————— (2004). Avilés de Taramancos: A paixón pola terra. Consello da Xuventude de Galicia.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 294–296. ISBN 84-7507-139-2.
- Romaní, Rodrigo; Pujales, Cristina (coord.) (2003). Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos. CCG. ISBN 84-95415-69-0.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Galaxia. pp. 64–65. ISBN 84-8288-019-5.
- ——————, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Galaxia. pp. 469–470. ISBN 84-8288-365-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
- Luis Avilés Baquero, fillo de Antón.
- Literatura galega do século XX
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Avilés de Taramancos ![]() |
- "Avilés de Taramancos" Figuras homenaxeadas. Real Academia Galega.
- Antón Avilés de Taramancos na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- "Antón Avilés de Taramancos" na Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
- "Avilés de Taramancos" Asociación Socio-Pedagóxica Galega.