Nicolás Paz Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolás Paz Pardo
Lugar de nacementoLavadores
Falecemento24 de xuño de 1942
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Nicolás Paz Pardo, nado en Lavadores (Vigo) e finado na Coruña o 24 de xuño de 1942, foi un médico republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi médico no lazareto da Illa de San Simón ata 1887. O 22 de xullo de 1888 casou con Matilde Córdoba Gándara.[1] En 1914 retou en duelo a Luis Suárez-Llanos, director da compañía de augas, por considerado responsable da morte por tifo dunha das súas fillas, Carmen Paz (casada don Eugenio Arbones). No hai constancia de que o duelo chegara a producirse.[2]

En 1921 foi o primeiro presidente do Ateneo de Vigo e, desde esa institución, instou ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela a que fosen admitidas as teses de doutoramento escritas en lingua galega.

Presidiu a Cámara da Propiedade, a Liga de Defensores de Vigo e o Colexio Médico de Vigo. Promoveu o xornal La República e formou parte da redacción de La Lucha, publicación tamén republicana.

Foi alcalde accidental en 1890 e concelleiro ata 1929.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Unha rúa de Vigo leva o nome de Paz Pardo na súa memoria.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Matilde Córdoba de la Gándara e foi pai de Carmen, Matuxa e Mercedes Paz Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]