Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980
Aparencia
| Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980 | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ← 1936 | |||||||||||||||||
| Data | 21 de decembro de 1980 | ||||||||||||||||
| Tipo | referendo | ||||||||||||||||
| Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Resultado da votación
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
O referendo de autonomía de Galicia de 1980 celebrouse o 21 de decembro, no que votou o 28,26% do censo electoral (2 172 898 electores inscritos). Dos 614 218 votos emitidos, 450 556 foron a prol (o 73,35%), 121 448 en contra e 28 381 en branco. A pregunta do referendo foi “Acepta o proxecto de autonomía para Galicia?”.[1]
A participación xa se supuña que sería baixa[2] polo que na campaña oficial se empregou o lema “Anque[sic] chova, vota”.[3][1]
Posición dos partidos políticos
[editar | editar a fonte]| Opción defendida | Partido/coalición |
|---|---|
| Si |
Unión de Centro Democrático (UCD) |
| Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) - PSOE | |
| Alianza Popular (AP) | |
| Partido Comunista de Galicia (PCdeG) | |
| Partido Galeguista (PG) | |
| Non |
Bloque Nacional Popular Galego (UPG/AN-PG)[4] |
| Partido Socialista Galego (PSG) | |
| Movemento Comunista de Galicia (MCG) | |
| Liga Comunista Revolucionaria (LCR) | |
| FE-JONS | |
| Abstención | Esquerda Galega |
| Galiza Ceive-OLN (PGP) |
Resultados
[editar | editar a fonte]| Opción | Votos | % |
|---|---|---|
| A prol | 450 556 | 73,35[5] |
| En contra | 121 448 | 19,77 |
| En branco | 28 381 | 4,62 |
| Nulos | 13 833 | 2,25 |
| Total | 614 218 | |
| Electores/Participación | 2 172 898 | 28,26 |
| Fonte: Congreso.es | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Fernández, Carlos (8-11-2005). "Hemeroteca. Convocado para el 21 de diciembre el referéndum sobre el estatuto de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ La abstención, tendencia básica ante el referéndum del Estatuo gallego
- ↑ Pérez Pena, Marcos (20/12/2020) "40 anos do 'Anque chova, vota' que aprobou sen entusiasmo o inicio da autonomía galega" Praza.gal.
- ↑ O actual Bloque Nacionalista Galego (BNG)
- ↑ Sánchez González, Santiago. "Referéndum sobre el Estatuto de Autonomía de Galicia" (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Estatuto de Galicia" obufodasburgas 17/10/2012 (en castelán).
- Carlos Punzón "El Estatuto y las europeas marcan el techo de la abstención" La Voz de Galicia, 19/2/2005 (en castelán).