Pencha Santasmarinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pencha Santasmarinas
Nome completoPrudencia Santasmarinas
Nacemento1943
 Santiago de Compostela
Falecemento2019
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Prudencia Santasmarinas Raposo, nada en 1943 en Santiago de Compostela e finada no mesmo lugar o 31 de marzo de 2019,[1] foi unha feminista e activista galega que liderou a oposición contra a instalación dunha central nuclear en Regodela, Xove.[2] En 2010 recibiu  a Medalla Castelao[3] polo seu labor para lograr a profesionalización do sector marisqueiro galego e da formación das mulleres que traballaban neste sector.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pencha Santasmarinas era mestra de formación e traballou como axente de economía doméstica na oficina de Extensión Agraria de Viveiro. Xunto a Africa Leira "participou activamente en labores de concienciación do campesiñado e de oposición á explotación dos seus recursos".[6] Entre 1976 e 1977 liderou e coordinou a contestación social contra a instalación dunha central nuclear en Xove.[7][8][9]

En 1993  incorporouse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como xefa de Extensión Pesqueira, cargo no que empregou os seus coñecementos de mellora e organización no ámbito agrario para aplicalos ao marisqueo.[10] Pencha "foi a impulsora dun proceso de renovación e cambio da actividade marisqueira en Galicia, contribuíndo á profesionalización desta actividade practicada por milleiros de mulleres ata entón como unha actividade secundaria e complementaria allea á regulación".[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2010 foi premiada coa Medalla Castelao polo seu traballo coas mulleres do sector marisqueiro.[4]

É unha das protagonistas de Digna Rabia, un documental no que se analiza a represión que o franquismo impuxo ás mulleres.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós. "Falece ‘Pencha’ Santasmarinas, unha das referentes da loita de Xove". Nós Diario. Consultado o 2020-08-20. 
  2. "Adeus a 'Pencha' Santasmarinas, alma da loita contra a nuclear de Xove". Praza Pública. 2019-04-01. Consultado o 2020-08-20. 
  3. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-08-20. 
  4. 4,0 4,1 "Aprobado el decreto que concede las medallas Castelao 2010". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-20. 
  5. López Souto, África. (2019). Mulleres que (nos) dan que pensar. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-429-9. OCLC 1150790464. 
  6. Ángel Rodríguez Gallardo e Mª Victoria Martins Rodríguez (2015). FORMAS DE EMPODERAMIENTO FEMENINO Y ACTIVIDAD SINDICAL EN LA GALICIA DEMOCRÁTICA (PDF). Universidad de Alicante. ISBN 978-84-9717-348-3. 
  7. Gallego, Grupo El Correo. "Galicia, ¿nucleares? Non, gracias". www.galiciahoxe.com (en castelán). Consultado o 2020-08-20. 
  8. Unknown (2011-04-27). "A Historia é noticia: Xove, o ‘berce’ do nacionalismo en Bloque". A Historia é noticia. Consultado o 2020-08-20. 
  9. Diario, Nós. "No 40 aniversario da Marcha antinuclear de Xove". Nós Diario. Consultado o 2020-08-20. 
  10. "Entrevista a Pencha Santasmarinas" (PDF). Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Consultado o 20-8-2020. 
  11. "O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956-2002". libraria.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2020-08-20. 
  12. Gallego, Grupo El Correo. "Coartar a autonomía". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]