José María Acuña López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Acuña López
Nacemento4 de abril de 1903
Lugar de nacementoSalcedo
Falecemento4 de xuño de 1991
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando e Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela
Ocupaciónescultor
Coñecido porMonumento ao peregrino e Dando de comer al peregrino
PremiosMedalla de Prata ó Mérito no Traballo, Medalla Castelao e Bolsa Deputación de Pontevedra
editar datos en Wikidata ]

José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey.[1] Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenvolveu unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.

Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.

Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973[2] e a Medalla Castelao no ano 1990.[3][4] O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,[5] así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Mariñeiros nos xardíns do Castelo de Soutomaior.
Mariñeiros nos xardíns do Castelo de Soutomaior
Mosteiro, Meis.
Peregrino loitando contra o vento, en Pedrafita do Cebreiro.
Peregrino loitando contra o vento, en Pedrafita do Cebreiro
Vilalba.
Vilalba.
Vilalba. 
Vilanova de Arousa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]