Vida Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redacción de Vida Gallega en 1909. José Gil Gil, Juan Tato Lens, Jaime Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá Mestre en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Características[editar | editar a fonte]

Fotografía da reitoral de Barcia de Mera, publicada en Vida Gallega en 1921.

Apareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía.[1] Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Sudamérica). Entre os seus colaboradores estiveron Roberto Padín Rodríguez cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e Manuel Lustres Rivas.

Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquire a revista. Nesta etapa editáronse 77 números e estivo dirixida por Fabriciano Fernández Serra. A fins de 1956 a sede trasladouse á cidade de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]