Marcelo Macías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcelo Macías
Marcelo Macías.png
Nome completoMarcelo Macías García
Nacemento1843
Lugar de nacementoAstorga
Falecemento1941
Lugar de falecementoOurense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónarqueólogo
Sinatura de Marcelo Macías.jpg
editar datos en Wikidata ]

Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As súas mellores achegas producíronse no campo da arqueoloxía e a historia; a súa gran colección de moedas e os amplos coñecementos que sobre elas tiña convertérono nun referente da numismática na súa época.[2]

Atribúeselle ser o impulsor definitivo da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, ao comezar a edición do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nos meses de marzo-abril de 1898, contando coa colaboración de grandes intelectuais, como Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolás Tenorio, aos poucos fóronse incorporando as colaboracións da práctica totalidade de personalidades da chamada "Atenas de Galicia" Manuel Martínez Sueiro, Fermín Bouza-Brey, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Florentino López Cuevillas etc.[3]

Ingresou na Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905.

Obras[editar | editar a fonte]

Literarias[editar | editar a fonte]

  • Cartas a un Joven, estudios sobre la civilización moderna
  • Nobleza Obliga (1885)
  • El calendario de pared. Sátira política (1885)
  • El toque del Alba (1885)
  • Las Golondrinas (1870)

Poesía[editar | editar a fonte]

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG, 20/11/1926.
  • Una lagrima a la muerte de mi querido padre
  • La flauta de Tirsis (1879)
  • Cantar y morir, La Serena (1878)

Históricas[editar | editar a fonte]

  • La argolla del esclavo.[4]
  • Cronicón de Idacio (Versión castelá 1906)
  • Civitas Limicorum (1904)

No Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense[editar | editar a fonte]

  • Suplementos a la Epigrafía Latina de Orense
  • Nuevo Miliario romano de Rábade (1912)
  • Inscripción de Pepín (1906)
  • El Crismón o Monograma de Cristo en las monedas de Constantino el Grande y sus sucesores (1913)
  • Fray Suero de Oca abad de Osera (1924)
  • Turonium (1921)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez González, A. "Cronobiografía". En VV.AA. (2018). Páxina 15.
  2. Rodríguez García, P. "Marcelo Macías e a Numismática". En VV.AA. (2018). Páxina 55.
  3. Fariña Busto, F. "Sobre don Marcelo Macías García e Ourense". En VV.AA. (2018). Páxina 39.
  4. Relata a historia dun escravo negro, comprado polo Concello de Ourense, o ano 1718, para desempeñar os oficios de trompeta, sayón e verdugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]