Francisco Ponte Blanco
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xullo de 1853 A Coruña, España |
| Morte | 23 de agosto de 1926 A Coruña, España |
| 1924 – 1926 ← Andrés Martínez Salazar – Eladio Rodríguez González → | |
| 1923 – 1923 ← Maximiliano Linares Rivas – Laureano Martínez Brañas → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, enxeñeiro |
| Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1921–1926) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1921) |
| Premios | |
Francisco Ponte Blanco, nado na Coruña o 8 de xullo de 1853[1] e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1926, foi un enxeñeiro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa mocidade na Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi concelleiro, alcalde (de xaneiro de 1923 ata a ditadura de Primo de Rivera), presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica, do Círculo de Artesáns e da Liga de Amigos.[2] Fundou o Padroado da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia.
O 31 de marzo de 1924 foi elixido presidente da Real Academia Galega, institución na que ingresara como académico de número en 1921 co discurso Breves consideraciones acerca del Arte y de los estilos, a través de las civilizaciones, respondido por Manuel Amor Meilán[3].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a Cruz de Afonso XII.
Obras
[editar | editar a fonte]- Elementos de carreteras y ferrocarriles : (construcción y conservación), 1899
- De la Coruña a París. Impresiones de un viaje, 1910.
- Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general, 1910.
- Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas, 1911.
- Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros, 1915.
- La crisis agraria. Consideraciones generales, 1916.
- A través de España. Ligeras impresiones. Recuerdos de un viaje por tierras solares, 1917.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francisco Ponte y Blanco". Real Academia Galega.
- ↑ "Intelectuales gallegos". Ilustración Gallega (en castelán) (34). 31 de marzo de 1913. p. 4. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- ↑ Ponte Blanco, M.; Amor Meilán, M. (1921). Discursos leídos con motivo de la recepción del numerario electo D. Francisco Ponte Blanco. Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Ponte Blanco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ponte Blanco, Francisco". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 123.
- "Ponte y Blanco, Francisco". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. pp. 111–112.
- Monteagudo, Henrique (2006). "A Academia, o idioma e o nacionalismo, 1906-1936. Notas para unha historia". Grial. ISSN 0017-4181.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Francisco Ponte Blanco". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- "Don Francisco Ponte Blanco". Boletín da Real Academia Galega (186): 121–124. 1926.
| Predecesor: Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas |
Alcalde da Coruña 1923 |
Sucesor: Laureano Martínez Brañas |
| Predecesor: Andrés Martínez Salazar |
Presidente da RAG 1924-1926 |
Sucesor: Eladio Rodríguez González |