Alfredo Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfredo Conde Cid
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Alfredo Conde 050503.JPG
Alfredo Conde nunha conferencia na Estrada (2005)
Datos persoais
Nacemento 6 de xaneiro de 1945
Lugar Allariz
Actividade
Lingua Galego
Castelán
Xéneros Narrativa

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Deixei de escribir en galego porque me dei de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos.
Alfredo Conde[1]
... Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada... O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo.
Alfredo Conde[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado. Foi deputado no Parlamento galego como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.


Predecesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Cultura
 
1987-1990
Sucesor:
Daniel Barata Quintas

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Alfredo Conde (AELG)-1.jpg

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Mencer de lúas (1968, Galaxia)
  • ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014, Trifolium, edición bilingüe galego-castelán)

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os novísimos da poesía galega (1973, Akal)
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo)
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube)
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais)
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega)
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia)
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais)
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora)
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Concello de Pontevedra/Galaxia)

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Los otros días (1991)
  • Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego)
  • Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa)
  • María de las batallas (2008)
  • Huesos de santo (2010)
  • El beato (2016)

Premios pola súa obra en galego[editar | editar a fonte]

Premios pola súa obra en castelán[editar | editar a fonte]

  • Premio Nadal no 1991, por Los otros días.
  • Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]