Enrique Blein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Blein
Enrique Blein Budiño.jpg
Nacemento1885
Lugar de nacementoVigo
Falecemento10 de decembro de 1936
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
editar datos en Wikidata ]

Enrique Blein Budiño, nado en Vigo en 1885 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Primitivo Blein Costas, que tamén foi alcalde, e comerciante en Vigo, foi o primeiro alcalde de Vigo da II República, pero foi destituído en setembro de 1931[1]. En xaneiro de 1936 foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Vigo e en febreiro foi reposto como concelleiro e elixido 1º Tenente de alcalde. Foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación provincial de Pontevedra e elixido vicepresidente o 19 de marzo de 1936[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Detido, estivo preso na Ramallosa e despois trasladado ao cárcere de Vigo. Padecía un cancro e foi hospitalizado o 30 de outubro nos pavillóns sanitarios do Hospital Municipal. Morreu de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo o 10 de decembro de 1936[3]. Despois da súa morte foi sancionado con 50.000 pesetas por resolución da autoridade militar e como consecuencia embargáronlle á súa muller e fillos todo o seu patrimonio.


Predecesor:
Manuel San Román Ceballos
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1931
Sucesor:
Amado Garra Castellanzuelo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]