Joaquín García Picher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1932 Vigo, España |
Morte | 12 de setembro de 1985 (53 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Vigo | |
26 de xaneiro de 1976 – agosto de 1978 (dimisión) ← Enma González Bermello – Enma González Bermello → | |
Alcalde de Vigo | |
1974 – 15 de xaneiro de 1976 ← Antonio Ramilo – Enma González Bermello → | |
Actividade | |
Ocupación | político, perito industrial, mestre |
Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo[1][2] e finado o 12 de setembro de 1985[3], foi un político galego, alcalde de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era perito industrial, profesor mercantil e economista. Foi nomeado alcalde de Vigo en 1974, antes da morte de Francisco Franco, e continuou até agosto de 1978, cando dimitiu nun pleno municipal embarullado por mor das protestas veciñais pola venda dunha parcela municipal para rescatar unha concesión municipal[4] para dar paso a Enma González Bermello.
Durante a súa alcaldía foi inaugurada a nova casa consistorial, promoveuse a creación da Universidade de Vigo e que a cidade fose unha das sedes do Mundial de Fútbol España 1982. Foi o último alcalde que exerceu como presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
Predecesor: Antonio Ramilo Fernández-Areal |
Alcalde de Vigo 1974-1976 |
Sucesor: Enma González Bermello |
Predecesor: Enma González Bermello |
Alcalde de Vigo 1976-1978 |
Sucesor: Enma González Bermello |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Don Joaquín García Picher cubre la vacante viguesa", artigo en La Vanguardia Española, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
- ↑ "Don Joaquín García Picher nuevo alcalde de Vigo"[Ligazón morta], artigo en ABC, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
- ↑ "Recordando a Joaquín García Picher", artigo de Rafel López Mera no Faro de Vigo, 11 de setembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "Dimite el alcalde de Vigo", artigo de Gerardo G. Martín en El País (en castelán).