Luís Espada Recarey
Luís Espada Recarey ![]() | |
---|---|
Nacemento | 1940 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Manchester |
Ocupación | enxeñeiro químico |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Espada Recarey, nado na Coruña en 1940[1], é un enxeñeiro e profesor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutorouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada pola Universidade de Manchester. Foi catedrático de Enxeñería Química na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo, da que é profesor emérito.
Foi vicerreitor da USC e o primeiro reitor da Universidade de Vigo (1989-1994). É presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo. En 2002 foi nomeado Valedor do Cidadán do Concello de Vigo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Elementos para el diseño de una universidad, 1993.
- La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente, 1995.
- Hacia donde va la Universidad?, 1999.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Vigués distinguido, 1991.
- Medalla da Cidade de Vigo, 1995.
- Medalla Castelao, 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Luís Espada Recarey". Universidade de Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A. Méndez (5 de maio de 2011). "«Estoy orgulloso de trabajar por un viguismo integrador sin entrar en cuestiones políticas»". Faro de Vigo (en castelán).