Elena Colmeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElena Colmeiro
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Costela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEuropean Ceramics Work Center (en) Traducir (1991–1992) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , ceramista Editar o valor em Wikidata
MovementoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Colmeiro Guimarás Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5006901

Elena Colmeiro González, nada en Costela (Margaride, Silleda) en 1932 e finada en Madrid o 25 de febreiro de 2021[1][2], foi unha escultora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do pintor Manuel Colmeiro, trasladouse en 1941 coa súa familia a Buenos Aires cando contaba nove anos escapando da Guerra civil española[3] e onde xa estaba seu pai que marchara no 1936.[4] A partir de 1948 realizou, durante cinco anos, estudos técnicos e de pedagoxía para ao obtención do título de profesorado. Tamén se formou na Escola Nacional de Cerámica de Bos Aires. Posteriormente completou os estudos de arquitectura aínda que rematou por orientarse cara a escrultura e a cerámica, técnicas coas que sentía maior liberdade de expresión que co acádemica arquitectura.[4]

Comezou a expor moi nova e obtivo o seu primeiro galardón, entre estudantes, en 1952. A inicial mostra persoal da súa peculiar arte de ceramista eminentemente creadora, en formas e texturas, efectuouna en 1954, na capital arxentina onde expuso na Galería Müller con pezas de carácter figurativo.[5]

En 1955, decidiu regresar a España, a Vigo, e comezou a traballar no estudio do escultor Jesús Valverde, quen posuía fábricas de vidro[6] e con que casou ao ano seguinte.[4] Posteriormente, declararía nunha entrevista á Axencia EFE que:[6]

"Ter eses fornos á miña disposición foi decisivo, permitiume facer obras de gran tamaño. Fun unha privilexiada".

Ese mesmo ano, expuxo en Vigo, na desaparecida Sala Velázquez que funcionaba en dependencias do teatro Fraga.

Leva a súa obra a Madrid, onde sorprende a súa inventiva e modernidade, e en 1964 foi bolseira pola Fundación March. A partir deses anos as súas creacións percorren o mundo en colectivas organizadas por institucións oficiais españolas. En 1966 obtivo o primeiro premio na Bienal do Uruguai, ao ano seguinte a medalla de ouro en Faenza, Italia, cidade emblemática da cerámica, e bolsa de estudos para os Estados Unidos, novamente da man da Fundación March.

As súas exposicións, persoais ou colectivas, sucédense por España e medio mundo. Realiza un mural cerámico para o aeroporto da Lavacolla, en Santiago, en 1980, e ao final desa década, unha escultura que se sitúa na autoestrada de Compostela á Coruña.

Elena Colmeiro non é exactamente e só, ao modo convencional, unha ceramista, senón realmente unha escultora; unha creadora de formas no espazo, de concepción moi abstractiva, con síntese nas que as referencias se estilizan, modifícanse, renóvanse, para absorber unha longa tradición na que está toda a escultura do século XX. As súas curvaturas en espiral, con cavidades que se integran no volume resultante, son extraordinariamente atractivas, e ditas coma se caprichosamente fosen manifestacións violentas da natureza logo dun cataclismo, que o artista acariñou, dominado, modificado ao seu gusto. Ten afirmado que: "Interésame máis o que non se ve que o que se ve".[7]

Ás veces, as súas obras semellan vagos recordos arqueolóxicos emparentables co mundo grego arcaico, e outras son fragmentos de construcións imposibles que o capricho mantivo milagrosamente en pé. A súa enorme inventiva colocou a Elena Colmeiro nun lugar destacado da vangarda do ceramismo escultórico, con recoñecemento internacional.

Exposicións[editar | editar a fonte]

Durante a súa traxectoria artística, realizou diversas exposicións entre as que destacan:

Colmeiro participou tamén en exposicións nos Países Baixos, os Estados Unidos, Polonia e Italia, e tivo varias residencias no estranxeiro para ampliar os seus estudos xunto a grandes nomes da escultura cerámica como Peter Voulkos.

Museos e coleccións[editar | editar a fonte]

Ten obra exposta en múltiples coleccións como no Museo Raíña Sofía de Madrid​, ou na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.

Unha das súas obras máis coñecidas é unha escultura no Parlamento de Galicia, de dous metros de altura, en material refractario, que realizou durante unha estancia en Holanda, no European Ceramic Work Center.[6] Está representada en numerosos museos de España, Europa e América, entre eles o de Castrelos, en Vigo, así como en coleccións institucionais e particulares.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1964 Bolsa "Fundación Juan March".[9]
  • 1966 Primeiro Premio "Bienal de Arte de Uruguai".[9]
  • 1967 Medalla de Ouro Exposición internacional de Cerámica de Farenza, Italia.[9]
  • 1968 Bolsa de Viaxe para Oakland, San Francisco, California.[9]
  • 1990/1991 Estancia en Europress Keramisch Werkcentrum's-Hertogenbosh, Holanda.[10]
  • 1998 Polonia, "Porcelain Another Way".
  • 2008 Estancia na China.
  • 2014, Premio provincial de Cultura, outorgado pola Deputadión da Coruña.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece a escultora Elena Colmeiro". Nós Diario. 26 de febreiro de 2021. 
  2. Baena, Ana (2021-02-25). "Falleció Elena Colmeiro en Madrid a los 89 años". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-02-26. 
  3. "ELENA COLMEIRO". afundacion.org (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 H.J.P. (26 de febreiro de 2021). "Fallece Elena Colmeiro, artista libérrima que en su obra no concebía ni muros ni fronteras". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  5. v., R. (26 de febreiro de 2021). "Muere la artista Elena Colmeiro". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 EFE (26 de febreiro de 2021). "Elena Colmeiro, artista pionera de la cerámica, fallece a los 89 años". eldiario.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  7. Infocerámica (17 de xuño de 2013). "Elena Colmeiro. Maestros de la cerámica y sus escuelas". infoceramica.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  8. Sarmiento, Rosario (10 de novembro de 2014). "Elena Colmeiro, unha muller que constrúe coa cerámica". nosdiario.gal. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Elena Colmeiro". coleccion.abanca.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "HONDO PESAR POR EL FALLECIMIENTO DE LA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONOR Dª. ELENA COLMEIRO GONZÁLE". academiagallegabellasartes.org (en castelán). 25 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  11. Garabantes, M. "Elena Colmeiro, premio provincial de cultura" (PDF). culturagalega.gal. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  12. Redacción (26 de outubro de 2019). "Belas Artes nomea académica de honra a Elena Colmeiro". lavozdegalicia.es. Consultado o 1 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Areán, Carlos (1967): Artes aplicadas en España del siglo XX. Madrid.
  • Campoy, A. M. (1973): Diccionario crítico del Arte Español Contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
  • Colmeiro, Elena (1994): Grandes Artistas Galegos. Vigo, Caixavigo.
  • Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia. 
  • Gaya Nuño, J. A.: Arte del siglo XX. Madrid, Edit. Plus Ultra.
  • Pablos, Francisco (1981): Plástica galega. Vigo, Caixavigo.
  • Sterr-Brtiz, H. (1980): Contemporany Internacional Ceramics 1980. Köln, Du Mont Bucheralag.
  • VV.AA. (1980): II Bienal de artistas galegas. Concello de Vigo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]