1000 12/16

Deputación de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°02′27″N 7°31′44″O / 43.040943, -7.528915

Deputación de Pontevedra
Escudo de la provincia de Pontevedra.svg
Pazo da Deputación.jpgPazo da Deputación, sede do organismo en Pontevedra.
Fundación:1836
Provincia:Pontevedra
Enderezo:Avda Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra
Presidente:María do Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE)
Orzamento:161 millóns de € (2020)[1]
Número de empregados:871 (2012)[2]
Concellos que atende:61
Boletín oficial:www.boppo.depo.gal
Na rede
https://www.depo.gal/
Facebook: https://www.depo.gal/ Twitter: depo_es Instagram: deputacionpontevedra Telegram: depo_es LinkedIn: deputación-pontevedra Youtube: UCujBUE-qr_p5K5CMVUPhMGg Dialnet: 4456350 Editar o valor em Wikidata

A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. Dende 2019 a presidenta é Carmela Silva, estando constituída a Corporación por 13 deputados do PSdeG, 11 do PPdeG e 3 do BNG[3].

O Pazo provincial[editar | editar a fonte]

O Pazo provincial de Pontevedra sitúase no paseo Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.

Institucións[editar | editar a fonte]

Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:

Presidentes[editar | editar a fonte]

Rafael Louzán, presidente da Deputación de 2003 a 2015.
Carmela Silva, presidenta dende 2015.

Período dos Gobernadores Civís[editar | editar a fonte]

Período dun presidente da Deputación para cada sesión[editar | editar a fonte]

O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".

Período inicial do Sexenio Revolucionario[editar | editar a fonte]

Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.

Período dun presidente da Deputación para todas as sesións[editar | editar a fonte]

A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".

Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.

Nomeados polo Gobernador Civil[editar | editar a fonte]

Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.

Nomeados pola corporación[editar | editar a fonte]

Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.

Directorio militar[editar | editar a fonte]

O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.

Estatuto provincial[editar | editar a fonte]

O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.

  • Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
  • Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).

Elixidos polo gobernador civil[editar | editar a fonte]

Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.

Segunda República Española[editar | editar a fonte]

O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.

O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.

Presidentes por designación[editar | editar a fonte]

O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.

Lei de réxime local[editar | editar a fonte]

O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.

Período contemporáneo[editar | editar a fonte]

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Eduardo Chao.

Trala promulgación da Constitución Española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]