Tarsy Carballas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Tarsy Carballas Fernández
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Datos persoais
Nacemento 2 de xuño de 1934
Lugar Taboada, Lugo
Nacionalidade España
Actividade
Campo científico
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Premios Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada en 1934, é unha científica galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Farmacia e Química, doutorándose en Farmacia. Estudou na Universidade de Santiago, e logo na de Nancy (Francia). Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español; tamén ingresou na Real Academia Galega de Farmacia, e foi a primeira en formar parte da xunta de goberno da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo. Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía e mantén na actualidade un campo de investigación sobre solucións para recuperar o solo das áreas afectadas por incendios. Ten máis de duascentas publicacións e unha ducia de libros.

En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento da súa contribución á cultura galega[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]