Manuel Carreira Vérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Carreira Vérez
Nacemento31 de maio de 1931
 Vilarrube
Falecemento3 de febreiro de 2020
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Salamanca, Universidade Católica da América, Universidade Pontificia Comillas, West Baden Springs Hotel, Cleveland State University, Cleveland State University e Universidade de Washington
Ocupaciónsacerdote, catedrático de universidade, catedrático de universidade e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Manuel María Carreira Vérez, nado en Vilarrube (Valdoviño) o 31 de maio de 1931 e finado en Salamanca o 3 de febreiro de 2020,[1] foi un teólogo, filósofo e astrofísico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Valdoviño, pasou grande partre da súa infancia en Vilalba. Ingresou na Compañía de Xesús en 1948. Estudou na Universidade de Salamanca lingas clásicas e filosofía na Universidade Pontificia Comillas. No 1957 marchou ós EEUU, licenciándose anos máis tarde en Teoloxía. Ordenouse sacerdote no 1960, en West Waden (EEUU) e continuou a estudar física en Cleveland, doutorándse no 1971 en Washington cunha tese sobre os raios cósmicos titorada por Clyde Cowan. Dende ese ano, ensina Física e Astronomía en Washington e Cleveland, e Filosofía da Natureza na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid, dividindo o ano escolar entre ámbolos dous países.[2] Durante quince anos foi membro da directiva do Observatorio Vaticano, onde impartiu cursos e traballou no desenvolvemento de técnicas fotográficas para Astronomía. Asemade, asesorou á NASA e ten publicados varios libros.[3]

Inventou un soporte para prismáticos, polo que se lle concedeu unha patente en Estados Unidos, e un sistema óptico pregado, referenciado na edición de outubro de 2002 da revista Sky and Telescope.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Reason, Science & Revelation (2014) con Julio A. Gonzalo.
  • Metafísica de la materia: Núcleos temáticos de Filosofía de la Naturaleza, materia no viviente (2001) ISBN 978-84-8468-034-5.
  • El hombre y el Universo ¿Somos fruto del azar? (2009) ISBN 978-84-92456-76-5
  • En torno al Darwinismo (2010) ISBN 978-84-936889-7-4

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia en 1999.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (2020-02-05). "Fallece el P. Carreira, gran astrofísico español que refutó el ateismo de Hawking". www.elcorreodemadrid.com (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  2. "Manuel María Carreira Vérez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-02-06. 
  3. El Progreso, 06/02/2020
  4. "Decreto del DOG nº 117 de 21/06/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]