Enrique Macías Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Macías
Nome completoEnrique Xerardo Macías Alonso
Nacemento18 de maio de 1958
 Vigo
Falecemento4 de novembro de 1995
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Premios#
editar datos en Wikidata ]

Enrique Xerardo Macías Alonso,[1][2][3] comunmente citado como Enrique X. Macías[4] ou máis simplemente como Enrique Macías[5], nado en Vigo o 18 de maio de 1958 e finado na mesma cidade o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Macías naceu na rúa Taboada Leal, no seo dunha familia de sete irmáns. A parte paterna é orixinaria da provincia de Ourense, mais o seu pai nacera en Vigo. A súa nai naceu na Arxentina, filla de emigrantes.[2] Cursou estudos no colexio dos Maristas e no Instituto Santa Irene. Non cursou estudos superiores. Militou nas xuventudes do Partido Comunista de Galicia.

Nos anos setenta entrou en contacto coas Xuventudes Musicais de Vigo, co seu director, Manuel Álvarez, e con Rogelio Groba Groba. Nesa mesma década entrou en contacto con Julián Hernández, con Rudesindo Soutelo e co colectivo musical Letrinae Musica.[3]

Introvertido e de formación autodidacta, mais con asistencia aos principais cursos de música contemporánea europeos, como os de Darmstadt, compuxo as súas primeiras obras a comezo da década dos anos setenta, para piano e percusións, sendo Poema de réquiem (1979), con texto de Celso Emilio Ferreiro, unha das súas primeiras pezas.[6]

As súas obras foron gravadas para Radio Galega, Radio Nacional de España e radios de Finlandia, Países Baixos, Francia e Bélxica e estreadas en encontros e festivais nacionais e internacionais de música contemporánea e noutros dedicados á composición experimental.[7]

Suicidouse con 37 anos de idade.[2][3]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa meticulosidade e nivel de exixencia levouno a destruír as composicións feitas antes de 1980, porén, e a pesar do seu prematuro pasamento, deixou un dilatado legado.[8]

  • Espacios sonoros (1974).
  • Esquemas I (1974).
  • Dos piezas para piano (1975).
  • Siete micropiezas para piano (1977).
  • Foglio I (1981) (3').
  • Souvenir nº 1 (1982) (6' 30).
  • Souvenir nº 2 (1983) (9').
  • Langsam (1985) (4').
  • Morgengesang III (1986) (17').
  • Portrait du matin (1986) (16' 48).
  • Tránsito (1987) (26').
  • Les adieux (1983-88) A (I, II, III e IV) (34').
  • Les adieux (1983-88) B (I, III e IV) (25).
  • La lyre du désert (1988) (18').
  • Sonata (1986-89) (25').
  • Clare I (1989) (19').
  • Nobililissima Visione I (1988-89, rev. 1990) (20').
  • Extracto (1989-90) (17').
  • Nobililissima Visione II / Postludios (1988-91) (37').
  • Postludios (1991) (17').
  • Duplo (1991) (24').
  • Cadencias e Interludios / Percurso I (1989-92) (ca 25').
  • La chambre dans l' espace (1992-93) (11').
  • Adhuc (1992-93) (16').
  • Iubilaeum (1993) (22' 35).
  • Estrofas (1993) (10').
  • Alias (1993-94) (15').
  • Exequias (1992-94) (ca 47').
  • Itinerario de luz (1994-95).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Leva o nome de Enrique X. Macías unha rúa peonil de Vigo, perpendicular á Avenida da Hispanidade, inaugurada sendo alcalde Carlos Príncipe.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villar-Taboada, Carlos (2014). "Entre lo flexible y lo complejo: tiempo y percepción en Enrique X. Macías (1958-1995)". Quintana (en castelán) (USC) (13): 315–331. ISSN 1579-7414. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Macías, Javier (irmán de Enrique Xerardo) (9/11/2020). «Era una persona que necesitaba encontrar almas gemelas». mundoclasico.com (en castelán). Entrevista con Paco Yáñez. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Yáñez, P. (2019). Enrique X. Macías: material-rizoma. VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo (en castelán). Lugo. 
  4. Ficha de "Macías, Enrique X. (1958-1995)" na páxina web da Biblioteca Nacional de España.
  5. Franco, Enrique (7/11/1995). "Enrique Macías, compositor". El País (en castelán). 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Enciclopedia Galega Universal.
  7. "Macías, Enrique Xavier" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD.
  8. Mosquera, Javier (5/5/2013). "Vidas de calle. Enrique X. Macías Alonso. Uno de los grandes compositores…". Faro de Vigo (en castelán). 
  9. Fundación Premios da Crítica Galicia
  10. Situada en 42°13′37.05″N 8°43′35.13″O / 42.2269583, -8.7264250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Vídeos externos
Yáñez, P.: Conferencia sobre Enrique X. Macías de Paco Yáñez, 2019
Enrique X. Macías. A lira do deserto: avance do documental

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]