Xaime Seixas
Xaime Seixas | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1915 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | novembro de 1994 |
Lugar de falecemento | Villagarcía de Campos |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Crego, misioneiro, galeguista |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xaime Seixas Subirá, máis coñecido por padre Seixas, nado en Santiago de Compostela o 26 de xuño de 1915[1] e finado en Villagarcía de Campos (provincia de Valladolid) en novembro de 1994[2], foi un coñecido crego xesuíta, esquerdista e galeguista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, e Linguas Clásicas, Filosofía e Teoloxía cos xesuítas en Comillas, onde foi ordenado sacerdote en 1948. Dun forte ideario democrático e esquerdista, o seu primeiro destino foi Francia, onde estudou Teoloxía Moderna, e logo iría a Salamanca, onde funda as organizacións Vanguardia Obrera Juvenil e Vanguardia Obrera y Social.
No ano 1961 marcha de misioneiro á República Dominicana. De volta a Galiza en 1965, artella un grupo semellante aos que xa formara en Salamanca na Asociación O Castro de Vigo. Tamén fundou nesa cidade a Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía e Santiago Apóstolo.
O 25 de xullo de 1965 o padre Seixas oficia, na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval, a primeira misa integramente en lingua galega dende a guerra civil. Tamén foi o primeiro en pronunciar unha homilía en galego en Vigo, durante o enterro do oftalmólogo Antón Beiras García, a quen días antes administrara a extrema unción por vez primeira nesta mesma lingua. Foi un promotor da tradución da liturxia ao galego, así como de diversas publicacións relixiosas.
A Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao no ano 1985.
Obra[editar | editar a fonte]
- Catrocentos nomes para galegos e galegas. SEPT, 1977
- Conversas do Pai Xaime Seixas con Silvestre G. Xurxo. SEPT, (1985)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Isla Couto, X.; Gómez Xurxo, S. (1994). "O padre Seixas: profético, galego e universal". Encrucillada (90): 539/99.
- ↑ "Fallece el sacerdote jesuita y galleguista Xaime Seixas". La Voz de Galicia. 15 de novembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 411. ISBN 84-7492-465-0.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 122. VG 955-2010.