Antonio López Ferreiro

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio López Ferreiro
Nacemento9 de novembro de 1837
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento20 de marzo de 1910
Lugar de falecementoVedra
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterEscola Superior de Diplomática
Ocupaciónescritor, historiador, sacerdote católico e bibliotecario
Coñecido porA tecedeira de Bonaval
Na rede
Bitraga: 1382
editar datos en Wikidata ]

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira eclesiástica en Santiago, onde aprendeu latín, filosofía, teoloxía e dereito canónico, até 1862, cando foi ordenado presbítero polo cardeal Miguel García Cuesta. Ó ano seguinte marchou a Madrid e licenciouse en Sagrada Teoloxía. Na Escola Superior de Diplomática dedicouse durante tres anos á transcrición de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, e rematou conseguindo o título de arquiveiro bibliotecario.

En 1866 regresou a Galicia como párroco de Santa Eulalia de Vedra, desde onde continuou publicando artigos sobre as súas investigacións históricas. En agosto de 1871 foi nomeado cóengo do Cabido compostelán. En 1872 dirixiu o periódico carlista La Emancipación. Desde o seu posto de cóengo puido acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación, labor no que destaca a creación da revista Galicia Histórica (publicada entre 1901 e 1903).

En 1892 foi nomeado correspondente da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e socio correspondente da Real Academia da Historia. Foi presidente da sección arqueolóxica da Exposición Rexional de 1909.

Cultivou a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que até o momento non fora tratado na literatura galega. En 1905 foi elixido académico de número da Real Academia Galega.

Nas novelas de López Ferreiro abundan os relatos históricos ambientados na Galicia rural.[1]

A partir de 1871, tras a súa designación como cóengo do Cabido da Catedral de Santiago de Compostela, fixaría a súa residencia na rúa do Castro durante un bo número de anos, e posteriormente -até o seu falecemento- no número 16 da rúa da Raíña[2].

Obra[editar | editar a fonte]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Deixou tres novelas históricas:

O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos.

Fotografía post mortem de López Ferreiro.

O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • El protestantismo y los errores que de él se derivan: racionalismo y panteísmo (1862).
  • La Historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu (1866).
  • Leyenda sobre la vida de San Pedro de Mezonzo (1872).
  • El Sepulcro del Apóstol Santiago (1882).
  • Galicia en el último tercio del siglo XV (Biblioteca Gallega, 2 t., 1885).[6]
  • El Pórtico de la Gloria (1886).
  • Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela (1898-1911, once tomos).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Figuras homenaxeadas" Arquivado 02 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. RAG.
  2. Antonio López Ferreiro na páxina do CEIP López Ferreiro.
  3. A tecedeira de Bonaval, 2ª ed. en Galiciana.
  4. O Castelo de Pambre en Galiciana.
  5. "El castillo de Pambre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  6. Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª ed. en Galiciana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]