Florencio Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florencio Delgado
Nome completoFlorencio Manuel Delgado Gurriarán
Nacemento27 de agosto de 1903
LugarCórgomo (Vilamartín de Valdeorras)
Falecemento14 de maio de 1987
LugarCalifornia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónescritor e político
Xénerospoesía
EstudosDereito
editar datos en Wikidata ]

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia Delgado Gurriarán no ano 1919, Florencio é o primeiro da esquerda na fila de arriba.

Estudou o bacharelato en Palencia, onde estaba destinado o pai. Fixo estudos superiores na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou escapar da represión iniciada en Valdeorras polos sublevados, ata chegar a Porto, desde onde puido trasladarse a Bordeos (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano accedeu á executiva do PG como Secretario de Propaganda; trala guerra civil marchou ao exilio a México, país no que se estableceu definitivamente. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.

Volveu temporalmente a Galiza en 1968, 1976 e 1981. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1] Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

As súas cinzas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987.[2]

Obra poética[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Cancioneiro da loita galega, 1943, Partido Galeguista, México.[3] Inclúe dezaseis poemas de F. Delgado, baixo o pseudónimo Nadel.[4]
  • Poesía inglesa e francesa vertida ao galego, 1949, Federación das Sociedades Galegas de Bos Aires. Con Plácido Castro e Lois Tobío.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Membros correspondentes da RAG
  2. "Delgado Gurriarán, Florencio Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 324. 
  3. Cancioneiro da loita galega. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro. 1996.  Facsímile. ISBN 84-7492-805-2.
  4. Lama López, María Xesús (2006). "A Guerra Civil española na obra dos escritores exiliados galegos". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos. Editorial Galaxia. p. 40. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]