Saltar ao contido

A Nosa Terra (1916)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Nosa Terra
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
 Ideoloxía política
Implicados
Datas
 Fundación / creación
14 de novembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
17 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
15 d
10 d
1 m Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   422 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09glfp Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 16484
Wikidata C:Commons

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916 - 1932) e do Partido Galeguista (1932 - 1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións[1]. Publicáronse en total 422 números.

Periodicidade

[editar | editar a fonte]

A Nosa Terra tivo unha periodicidade moi variábel. Comezou publicándose decenalmente para pasar a saír quincenalmente até a Ditadura de Primo de Rivera, na que saíu mensualmente. En xuño de 1933 regresou á periodicidade decenal.

O primeiro número saíu o 14 de novembro de 1916 na Coruña e contaba con oito páxinas. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura[2], que foi o seu primeiro director.[3] Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a IV Asemblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente foron directores Leandro Carré Alvarellos, Salvador Mosteiro Pena, Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, converteuse no seu voceiro oficial e a redacción trasladouse a Pontevedra. En xuño de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras.

En 1917 contaba con 2 000 subscritores, en 1931 con 500 e en 1935 con 1 000, aínda que se descoñece a tiraxe exacta. Os recursos económicos da publicación proviñan das subscricións, da publicidade, das doazóns dos galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois.

O 17 de xullo de 1936 saíu o seu derradeiro número.

Colaboradores

[editar | editar a fonte]
A Nosa Terra, Ano XIII, n. 263, 25 de xulio de 1929, deseño de Camilo Díaz Baliño.

N'A Nosa Terra colaboraron case todos os intelectuais galeguistas do primeiro terzo do século XX:

  1. ↑ McKevitt, Kerry Ann. “Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala coas literaturas peninsulares (1918-1936)”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. "Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península". Barcelona. 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universidade de Barcelona), 2007. ISBN 978-84-8485-266-7.
  2. ↑ Casas Rey, Víctor (1935). "Historia sintética do boletín A NOSA TERRA" (PDF). Nós (139-144): páx. 183–185. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  3. ↑ González Beramendi, Justo (1996). O nacionalismo galego. Vigo: Edicións A Nosa Terra, páxina 97.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]