Rafael Martínez Cortiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Martínez Cortiña
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento11 de abril de 1937
Lugar de nacementoLugo, Galicia Galicia
Falecemento6 de febreiro de 2007 (69 anos)
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEconomista e escritor
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de Estrutura e Institucións Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Foi conselleiro delegado e vicepresidente do Banco Exterior de España (1978-1989), presidente da Sociedade Internacional para o Desenvolvemento e da Sociedade Económica Mundial, vicepresidente do Banco Atlántico (1983-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989). Foi presidente do Banco de Asturias (1990-1996) durante o período en que a entidade financeira estivo baixo o control do grupo británico National Wesminster Bank (Natwest). Realizou traballos sobre o mundo bancario internacional e a economía rexional española. Recibiu a Medalla Castelao en 1988.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El fomento a la exportación en el desarrollo económico, 1966.
  • Las regiones españolas ante la asociación con Europa, 1966.
  • Crédito y banca es España: análisis y estrutura, 1971.
  • Dicionario Planeta de Economía, 1980.
  • La transición económica de España, 1990.
  • Estructura Económica. Teoría básica y estructura mundial, en colaboración con José Luis Sampedro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]