Jenaro Marinhas del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jenaro Marinhas del Valle
Nacemento25 de novembro de 1908
 A Coruña
Falecemento23 de decembro de 1999
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e poeta
PaiJenaro Mariñas González
editar datos en Wikidata ]

Jenaro Marinhas del Valle, nado na Coruña o 25 de novembro de 1908 e finado na Coruña o 23 de decembro[1] de 1999, foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo novo entrou en contacto coa intelectualidade galeguista da Coruña por mediación do seu pai, que estaba relacionado con integrantes da Cova Céltica como Eladio Rodríguez González, Francisco Tettamancy, Uxío Carré Aldao ou Manuel Lugrís Freire. Após finalizar os seus estudos de bacharelato, trasladouse a Compostela, onde cursou estudos de Filosofía e Letras. Porén, non acabou a carreira, e matriculouse en Empresas. Dedicado xa a actividades mercantís, Marinhas del Valle frecuentou as Irmandades da Fala, creadas na súa cidade natal, A Coruña. Alí fundou a Mocedade Galeguista da Coruña, organización que colaborou, xunto ao Partido Galeguista ao que pertencía, na campaña a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tamén fundou o semanario La Draga.

Compartiu parladoiros e debates con outros destacados intelectuais galeguistas, como Ramón Otero Pedrayo ou Castelao. Na mesma época escribiu a súa primeira peza de teatro, que lle entregou a Víctor Casas para que a publicase Ánxel Casal. Porén, Casal foi asasinado polo falanxismo durante o golpe de Estado, co que se perdeu o orixinal.

Durante a posguerra, Marinhas del Valle viaxou por toda Europa, mais non perdeu o contacto co galeguismo da época. De feito, froito dos seus contactos na clandestinidade con diferentes galeguistas, entre eles, Francisco Fernández del Riego, logrouse a creación da Editorial Galaxia e mais da revista Grial, onde publicou as súas primeiras obras literarias.

Durante o franquismo e até os primeiros anos da coñecida como transición española, o coruñés ocupou un lugar destacado no panorama intelectual e literario de Galiza. En 1978, por proposta de Rafael Dieste, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, Marinhas del Valhe ingresou na Real Academia Galega co discurso "Importancia do público na revelación teatral". Porén, a súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa, desprazouno cada vez máis á periferia do sistema. Esta situación fíxose especialmente notoria tralo pasamento de Carvalho Calero en 1990, e logo de Marinhas del Valle renunciar ese mesmo ano ao seu posto na RAG.[2]

Xa nos últimos anos da súa vida, Marinhas del Valle foi nomeado membro de honra da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Tamén recibiu homenaxes de colectivos como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Agrupación Cultural O Facho ou a Fundación Alexandre Bóveda, debido ao seu labor en favor do nacionalismo e pola defensa do galego no ensino.

Finou en 1999 con 91 anos na súa cidade natal. A revista Agália, no seu número 60, publicou de forma póstuma a narración A Tía Solinha. Igualmente, a revista Enclave publicou no seu número 6 a peza teatral breve Pai Desconhecido.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Artigos e estudos[editar | editar a fonte]

  • A Serpe, Galaxia (Vigo, 1952).
  • Monifates, en Grial, n.º 4. (1964).
  • A festa do Cheneque e outras historias, en Grial. (1967).
  • Pequena farsa dos amores desencontrados, en Grial, n.º 21 (1968).
  • Loucura e morte de Peregrino, en Grial, n.º 31 (1972).
  • O real em cena. Notas a esmo, en Agália, n.º 21 (1990).
  • Os alárvios, en Agália, n.º 23 (1990).
  • Lugrís, oratória e teatro, en Agália, n.º 23 (1990).
  • A língua do escritor, en Agália, n.º 25 (1991).
  • Teatro Interte, en Agália, n.º 49 (1997).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Johán V. Viqueira: uma utopia verificável, Instituto de Estudos Luso-Galaicos Ricardo Carvalho Calero. (A Coruña, 1994).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por A revolta e outras farsas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O rescate de Jenaro Marinhas". El País (en castelán). 5-12-2008. Consultado o 25-11-2015. 
  2. Membros da Academia RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]