José Regojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Regojo
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Lugar Fermoselle, Zamora, España España
Falecemento 1993
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Ocupación Empresario
Cónxuxe(s) Rita Otero Fernández

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993[1], foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa actividade comercial en Portugal, dedicouse á venda de puntillas en Lisboa. Despois pasou a fabricar camisas, e instalou unha fábrica en Zamora. Coñeceu no Centro Galego de Lisboa á redondelá Rita Otero Fernández, filla de Juan Manuel Otero Milleiro, coa que casou en 1927. Instalouse en Redondela onde montou unha fábrica de camisas. Ao comezo da Guerra civil instalou unha fábrica de calzado para o Exército. Fabricou un tipo de camisas moi popular durante o franquismo e contaba co Exército como primeiro cliente. Foi un dos principais empresarios téxtiles. A mediados dos anos sesenta deixou a dirección das súas empresas por problemas de saúde, e empezaron a declinar ata que desapareceron.

Recibiu a Medalla Castelao en 1992.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]