Leri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Nieto Figueroa
Nacemento20 de decembro de 1928.
Lugar de nacementoVigo.
Falecemento12 de agosto de 2003 (74 anos).
Lugar de falecementoVigo.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónPolítico.
editar datos en Wikidata ]

Antonio Nieto Figueroa, máis coñecido como Leri, nado no barrio do Berbés de Vigo o 20 de decembro de 1928 e finado tamén en Vigo o 12 de agosto de 2003, foi un político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Díxose del que foi o inventor do viguismo.[2] Concelleiro do concello de Vigo en varias formacións políticas, dende 1974 ata 1999, entre elas o PSOE, foi un grande impulsor da práctica do fútbol nos trinta campos que se fixeron nas praias de Samil e do Vao.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2002 foille concedida a Medalla de Cidade de Vigo.[4] O concello adicoulle unha rúa no barrio de Lavadores.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Leri en Galegos.info