Ventura González Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ventura González Prieto
Nacemento1925
Lugar de nacementoValderrey
Falecemento14 de xaneiro de 2019
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Ventura González Prieto, nado en 1925 en Valderrey (León) e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 2019[1], foi un empresario castelán establecido en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Vigo en 1939, con catorce anos, onde comezou a traballar nunha tenda de ultramarinos. En 1944 abriu un posto de salchichas de catro metros cadrados no mercado do Calvario.

En 1968 comezou a construción do seu primeiro almacén no Troncal (en Teis). En 1977 fundou o grupo de alimentación Vegonsa (de VEntura GONzález), que operou con distintas marcas en Galicia e fóra: Spar, Cash & Carry como distribuidoras e os supermercados propios Vego Supermercados e Familia. En 1998 fusionouse ao 50% coa empresa vasca Eroski, o que deu lugar a Vegalsa-Eroski, que en 2014 tiña máis de 260 establecementos en Galicia, 5000 empregados, e máis de 900 millóns de euros anuais de facturación.[2]

Tamén diversificou a actividade cara ao sector inmobiliario e mais ao das perfumerías, coa fundación ou investimento en Sinvesa, Localsa, Hogarlin ou Valderrey Promociones[3].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En agosto de 2010 foi nomeado fillo predilecto de Valderrey e en decembro dese mesmo ano o Goberno de España outorgoulle a Medalla ao Mérito no Traballo.[4]

En febreiro de 2013, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado por José Manuel Fernández Alvariño, entregoulle a Medalla de Ouro da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

O concello de Vigo adicoulle en 2014, en vida, o nome dunha rúa.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vegalsa-Eroski: homenaje a un emprendedor, Ventura González Prieto y la distribución alimentaria en Galicia, 1945-2007,[1] 2008.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]