Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.
É a sala principal do auditorio. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores[1] acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos.
Sala Mozart
É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores[1] destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas.
Sala Isaac Díaz Pardo
Este é un espazo de 1.000 m²[1] de forma irregular destinado ás exposicións.
Sala Circular
É a máis pequena das salas. Ten capacidade para 50 persoas[1], está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións.