José Manuel Romay Beccaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Medalla de Galiza.svg
José Manuel Romay Beccaría
José Manuel Romay Beccaría 2015 (cropped).jpg
Nacemento 18 de xaneiro de 1934
  Betanzos
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación político e xurista
Premios Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, sen etiquetar e Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político galego. Entre outros cargos, foi ministro de Sanidade e Consumo. Actualmente é o presidente do Consello de Estado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Fillo de Emilio Romay Montoto. En 1956 licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario de fin de carreira. Tras impartir clases de Dereito Administrativo durante un ano nesa universidade, viaxa a Madrid para preparar as oposicións de Letrado do Consello de Estado, obtendo a praza en 1959.

Na ditadura[editar | editar a fonte]

En 1963 é nomeado, baixo a ditadura do Xeneral Franco, Secretario Xeral de Sanidade, cargo no que permanece ata 1966. Retoma a súa praza como letrado, ata asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudios de Administración Local. Permaneceu poucos meses nese cargo, pois en 1974 foi nomeado Subsecretario de Presidencia, e en 1975 Subsecretario de Gobernación.

En democracia[editar | editar a fonte]

Xa en democracia, regresa a Galicia en 1982 para ocupar a vicepresidencia do primeiro goberno da Xunta de Galicia. Ese mesmo ano é elixido deputado pola provincia da Coruña, nas listas de Alianza Popular, escano que mantería ata 1989. Entrementres, en 1987 accede á presidencia da Deputación da Coruña, cargo onde permanecerá ata 1989, cando foi nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal do goberno galego. Ó ano seguinte asumiu a Consellería de Sanidade, permanecendo no cargo ata 1996.

Coincidindo coa vitoria electoral do Partido Popular nas eleccións xerais dese ano, retornou ao Congreso coma deputado, e foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo. Ostentou a carteira ministerial ata 2000, coincidindo coas eleccións xerais nas que o PP obtivo a maioría absoluta, pasando a presidir a Comisión de Xustiza e Interior do Congreso dos Deputados.

En 2003 foi nomeado presidente do Consello de Estado de España, cargo no que permaneceu ata a vitoria electoral do PSOE nas eleccións xerais de 2004. Na actualidade é presidente de honra do Partido Popular da provincia da Coruña.

Logo das Xerais de 2011, que coinciden coa vitoria do Partido Popular de Mariano Rajoy, é designado polo Parlamento de Galicia senador en representación da comunidade autónoma, e meses despois, en marzo de 2012, é elixido de novo como presidente do Consello de Estado.


Predecesor:
Enrique Marfany
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
19871989
Sucesor:
Salvador Fernández Moreda
Predecesor:
Francisco Sineiro
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Agricultura
 
1990−1991
Sucesor:
Tomás Pérez Vidal
Predecesor:
Manuel Montero Gómez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Sanidade
 
1991−1996
Sucesor:
Xosé María Hernández Cochón
Predecesor:
Ángeles Amador
 Escudo de España.svg
ministro de Sanidade e Consumo
 
1996−2000
Sucesor:
Celia Villalobos
Predecesor:
Íñigo Cavero
 Escudo de España.svg
presidente do Consello de Estado
 
2003−2004
Sucesor:
Francisco Rubio Llorente
Predecesor:
Francisco Rubio Llorente
 Escudo de España.svg
presidente do Consello de Estado
 
2012−
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]