Arquivo Sarabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Arquivo Sarabia é unha colección de fotografía de tres dos irmáns da familia Sarabia González, Xosé (1870-1907), Constantino (1875-1966) e Enrique (1881-1959), fotógrafos orixinarios da aldea Sabugueiro de Arriba (Castrelo, San Xoán de Río).

Cemiterio de Pereiró.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillos de Manuel Sarabia e Rosa González, tiñan o seu estudio en Vigo, no número 30 da rúa Elduayen. As primeiras referencias de fotografía publicadas polos irmáns Sarabia aparecen na revista Vida Gallega. No ano 1910, aparece reproducida unha vista de Castro Caldelas asinada por Enrique.[1]

Trala morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu. Os membros da familia Sarabia están soterrados no Cemiterio de Pereiró, baixo o monumento encargado polo seu cuñado, José Gil, á Francisco Asorey.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sendón; Suárez (1994). "Arquivo Sarabia". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]