Johan de Cangas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johan de Cangas
Estatua dos xograres.JPG
Na illa de San Simón, cantada polo poeta Mendinho, encóntrase unha estatua dedicada aos tres poetas da ría de Vigo: Martín Codax, Mendinho e Johan de Cangas.
Nacemento século XIV
Lugar Morrazo, Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento século XIV
Lugar Morrazo Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación Trobador
Xéneros cantigas de amigo
editar datos en Wikidata ]

Johan de Cangas foi un trobador galego do século XIV, probablemente procedente da zona do Morrazo. Consérvanse tres cantigas de amigo, do subxénero de romaría, sobre o Santuario de San Mamede.

As súas composicións teñen como elemento importante o mar. Empregaba mozas namoradas como narradoras.

Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1998 xunto a Martín Codax e Meendinho.

Amigo, se mi gran ben queredes,
id’ a San Momed’ e veer m’ edes;
oje non mi mençades, amigo!

Pois mh aqui ren non podedes dizer,
id’ u ajades comigo lezer;
oje non mi mençades, amigo!

Serei vosc’ en San Momede do mar
na ermida, se mho Deus aguisar;
oje non mi mençades, amigo!