Marino Dónega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marino Dónega firma.jpg

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado en Lugo, Licenciouse en dereito, foi presidente das Mocedades Galeguistas da Coruña (1936). Para escapar á represión logo da sublevación franquista incorporouse ao exército. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia en 1950 e o seu presidente entre 1980 e 1996. Tamén foi conselleiro de cultura da Xunta preautonómica (1978). Foi membro da Real Academia Galega, sendo o seu secretario durante case vinte anos, do padroado do Instituto da Lingua Galega, da Fundación Penzol, da Fundación Otero Pedrayo e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Presentouse como independente nas listas de UCD nas primeiras eleccións autonómicas.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A memoria e os amigos, Fundación Otero Pedrayo, 1994.
  • De min para vós. Unha lembranza epistolar, 2003, Galaxia.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]