Xerardo Estévez
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xerardo Estévez | |
30 de xuño de 1987 – 23 de decembro de 1998 | |
Precedido por | Ernesto Viéitez Cortizo |
Sucedido por | Xosé Sánchez Bugallo |
23 de maio de 1983 – 1986 | |
Precedido por | Marcial Castro Guerra |
Sucedido por | Ernesto Viéitez Cortizo |
Datos persoais
| |
Nacemento | 25 de maio de 1948 (72 anos) Santiago de Compostela, Galicia |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Arquitecto |
Alma máter | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Xerardo Denis Felipe Estévez Fernández, nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, especializándose en urbanismo. Establecido en 1972 en Compostela, exerceu como arquitecto e urbanista formando con outros profesionais o equipo Oikos, e realizou traballos de investigación sobre arquitectura, planeamento e patrimonio.
Como alcalde de Santiago de Compostela nos períodos 1983-1986 e 1987-1998, aplicou a súa formación a fomentar a conservación e a transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura. Promoveu a inclusión da cidade e do Camiño de Santiago na lista do Patrimonio Mundial, e a elección como unha das Cidades Europeas da Cultura no ano 2000. Durante o seu mandato Compostela recibiu numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Histórica. Impulsou o Real Patronato de Santiago de Compostela e a creación do Consorcio de Santiago, órgano no que as administracións local, autonómica e estatal cooperan nas políticas urbanas e na conservación do conxunto histórico.
Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia entre os anos 1981 e 1983, e membro do Congreso dos Deputados de España entre 1993 e 1995.
En 1999 reintegrouse á práctica da arquitectura, que compaxina coa actividade como conferenciante e escritor, profesor de cursos de urbanismo e patrimonio, e co asesoramento a administracións e institucións. Entre outras distincións, está en posesión do título de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
Obra[editar | editar a fonte]
- Compostela, vanguardia y sosiego (2000; con Xurxo Lobato e Manuel Rivas)
- "Santiago de Compostela. Planeamiento y gestión". En J. Maderuelo (ed.) Arte público: Naturaleza y Ciudad (2000)
- "Santiago de Compostela, Spain". En R. Pickard (ed.) Management of Historic Centres (2001)
- "Educación e urbanismo. A cidade como proxecto cívico" En M.A. Santos Rego e M.M. Lorenzo Moledo (eds.) A construcción educativa da cidade. Unha perspectiva transversal (2001)
- "Opinión y práctica en la ciudad histórica". Quintana, revista de estudios de Historia da Arte, 3, 2004.
- "Paisajes urbanos con-texto y sin-texto". En J. Nogué (ed.) La construcción social del paisaje (2007)
- Paisajes y Palabras. Santiago de Compostela, 2012.
- "Galícia. Del paisatge rururbà al megaterritori antropitzat". En Franges. Els paisatges de la perifèria (2012)
- "Compostela, ayer y hoy". En Arqueología de la memoria reciente. Construcción de la ciudad y el territorio en España 1986-2012 (2013)
- "Ciudad histórica: lugar de culto vs. espacio político". Encuentro Internacional de Arquitectura Contemporánea en Ciudades Históricas (Sevilla, 2013)
- Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade (2019; con C. García Braña, M. X. Fernández Cerviño e A. Alonso Lorenzo)
Predecesor: Marcial Castro Guerra |
![]() alcalde de Santiago 1983-1986 |
Sucesor: Ernesto Viéitez Cortizo |
Predecesor: Ernesto Viéitez Cortizo |
![]() alcalde de Santiago 1987-1998 |
Sucesor: Xosé Sánchez Bugallo |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Alcaldes de Santiago de Compostela
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Arquitectos de Galicia do século XX
- Arquitectos de Galicia do século XXI
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1948
- Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña
- Medallas Castelao
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña