Amado Ricón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de outubro de 1933 Redondela |
| Morte | 7 de agosto de 2019 Redondela |
| 1996 – 1999 ← Xaime Rei – Xaime Rei → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, profesor universitario |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933[1] e finado na mesma vila o 7 de agosto de 2019,[2] foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marchou aos Estados Unidos en 1958. Foi profesor da Universidade de Nova York. Xubilado en 1992, retornou a Galicia. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Recibiu a Medalla Castelao en 1993.
Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Redondela nas eleccións municipais de 1995 conseguindo un notable avance pero sen conseguir arrebatarlle o goberno aos socialistas. Foi designado deputado provincial e foi responsable da área de Cultura. En agosto de 1996 promoveu unha moción de censura contra o alcalde socialista Xaime Rei, co apoio dun concelleiro tránsfuga socialista e outro independente, e foi elixido alcalde. Compatibilizou a alcaldía co seu cargo na Deputación. En outubro de 1998 foi descartado pola dirección autonómica do PPdeG como candidato para as municipais de 1999, poñendo no seu lugar ao entón alcalde de Pazos de Borbén Manuel Conde Romero. Trala finalización do mandato abandonou a alcaldía e a primeira liña política.
| Predecesor: Xaime Rei |
Alcalde de Redondela 1996 - 1999 |
Sucesor: Xaime Rei |
Obras
[editar | editar a fonte]- Eduardo Pondal, 1981.
- Estética poética de Eduardo Pondal, 1985, Ediciós do Castro.
- Castelao, propagandista da República en Norteamérica, 2000 (con Emilio González López).
Edicións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Ricón Virulegio, Amado". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 488. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Dous días de loito oficial en Redondela pola morte aos 86 anos de idade do ex alcalde Amado Rincón". Vigo al minuto. 7 de agosto de 2019.
- ↑ Os Eoas, na páxina web da Fundación Barrié de la Maza
