Xosé Ramón Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Ramón Barreiro
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Xosé Ramón Barreiro Fernández.jpg
Xosé Ramón Barreiro
Datos persoais
Nacemento 2 de decembro de 1936 (80 anos)
Lugar Ribeira, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego e castelán
Xéneros Ensaio
Estudos Dereito, Filosofía e Letras

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia. Desde o 20 de decembro de 2001 até o 23 de xaneiro de 2010 foi presidente da Real Academia Galega, substituíndo a Francisco Fernández del Riego.[1]

Entre as súas achegas ao campo xurídico destacan, entre outras, El origen litúrgico del Derecho Canónico ou La estabilidad del beneficio mentres que a súa obra histórica repártese en numerosos libros e estudos. Barreiro Fernández participou en diversos congresos nacionais e internacionais, dirixindo os organizados sobre Estudos Xacobeos (1970), Rosalía de Castro (1985) e Otero Pedrayo (1988).

Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. Destacan: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ademais do Premio da Crítica co que foi galardoado en 1982, Barreiro Fernández recibiu o Premio Televisión Española en Galicia (1988). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, do Centro de Estudios Xacobeos, do Instituto José Cornide, do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega.


Predecesor:
Francisco Fernández del Riego
 Presidente da RAG 
2001–2010
Sucesor:
Xosé Luís Méndez Ferrín

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras en homenaxe á súa figura[editar | editar a fonte]

  • 2008: A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández (Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega). Editores: Xosé Luís Axeitos, Emilio Grandío e Ramón Villares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Ramón Barreiro, novo presidente da Real Academia Galega". La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2001. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]