Eugenio González de Haz
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: González de Haz.
- Non confundir con Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste) ou Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste).
Eugenio González de Haz | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1904 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 1 de febreiro de 1999 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Cónxuxe | Josefa (Pepita) Vizcaíno Coloma |
Fillos | Eugenio González de Haz y Vizcaíno |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugenio González de Haz, nado en Vigo o 28 de maio de 1904 e finado o 1 de febreiro de 1999, foi un empresario da radio e o cinema galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Eugenio e Carmen, quedou orfo de nai cando tiña uns meses de idade. Criouno a súa madriña, Joaquina Quiroga. Estudou no Colexio Cluny e no Colexio do Pilar. En 1939 mercou a Santiago Montenegro e Emilio Torrado a emisora EAJ 48 Radio Vigo. Ese mesmo ano casou con Pepita Vizcaíno Coloma. Durante un tempo foi propietario tamén do Diario de Pontevedra. En setembro de 1957 Radio Vigo integrouse na Cadena SER. En 1973 cedeu a dirección da emisora ao seu fillo Eugenio González de Haz y Vizcaíno.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Medalla de Ouro de Vigo.
- Medalla de Prata de Vigo.
- O Concello dedicoulle o nome dun parque infantil nunha zona axardinada do Areal de Vigo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Torres Carbajo, Fernando (24/7/2015). "Eugenio González de Haz, pionero de la radiodifusión" vigoe.es
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 64. VG 955-2010.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste)
- Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mauleón, Amalia (25/4/2014). "Ochenta años hablando de Vigo" Faro de Vigo (en castelán).
- Mosquera, Javier (18/11/2012). "Eugenio González de Haz Vigo, 1904-1999" Faro de Vigo (en castelán).